En Marea e BNG alegan ao estatuto da industria electrointensiva pola "discriminación a Galicia"
En Marea pide unha convocatoria de licenzas de instalación ou repotenciación de parques de enerxía renovable para a contratación bilateral estable con industrias electrointensivas. O Bloque pide un estatuto que "acabe coa discriminación de Galiza" e inclúa "compensacións" ao país.