A enésima ameaza de peche de Alcoa dende a fin do colchón de cartos públicos fai tremer o corazón industrial da Mariña
As instalacións de alúmina e aluminio en Cervo e Xove están a piques de cumprir 40 anos entre a ameaza do seu propietario de pór fin a unha das plantas e despedir case 540 traballadores.