A Xunta volve obviar a denominación oficial do 25 de xullo e esvaece outra volta nesta xornada, limitándose a adherirse á ofrenda da Casa Real ao Apóstolo. O baleiro institucional tenta ser cuberto dende este ano, cando menos parcialmente, pola 'Alba de Compostela', o acto impulsado polo Concello de Santiago coa inspiración do histórico discurso 'Alba de Groria' de Castelao. O novo evento, como as mobilizacións do BNG polo Día da Patria ou a tradicional ofrenda do PSdeG a Castelao seguen un fío lanzado hai máis dun século polas Irmandades da Fala