Os sindicatos prevén un "éxito" na folga
Galicia afronta a súa décimo cuarta folga xeral. E faino cunhas taxas de desemprego sen precedentes e contra unha reforma laboral do Goberno central que os sindicatos cren que desprotexe e precariza aos traballadores. CCOO, UGT, CIG e CUT son optimistas e confían no "éxito" do paro e das mobilizacións.