Así se xestaron as indemnizacións millonarias dos ex-directivos das caixas
Cargos políticos, representantes de importantes colectivos e empresarios deron vía libre aos pagos que levaron á cadea os cinco ex-directivos de Novacaixagalicia. Fixeron como adoitaba facerse nas antigas entidades: calar e mirar a outro lado. Tan só un conselleiro votou 'non' desde o inicio.