
Gayoso pide perdón polas preferentes de Caixanova tras pasar polo cárcere
CON VÍDEO | O antigo presidente de Caixanova e NCG admite no Congreso que a colocación de preferentes derivou en "auténticos dramas" pero lígaa, non obstante, á "boa fe"
CON VÍDEO | O antigo presidente de Caixanova e NCG admite no Congreso que a colocación de preferentes derivou en "auténticos dramas" pero lígaa, non obstante, á "boa fe"
CON VÍDEO | "En ningún caso era unha auditoría", resalta no Congreso un dos executivos de KPMG aos que a Xunta encargou o "diagnóstico acelerado", quen insiste en que "o noso informe non recomendaba a fusión"
A sentenza do Supremo destaca que Pego e Gorriarán lograron prexubilacións millonarias nunha caixa quebrada "cando xa levabamos tres anos achegando cartos públicos ás entidades bancarias" e non acepta que os acusados aleguen "descoñecer" as razóns xurídicas que os "obrigan a responder do diñeiro do que se apropiaron procedente dos recortes públicos sufridos pola maioría de cidadáns"
A entidade que executou a venda dos restos das grandes caixas galegas por encargo do Estado escúdase en que non está legalmente obrigada a colaborar co Parlamento galego para non achegar ningún dos documentos solicitados hai un ano, entre eles varios informes encargados a bancos internacionais
Abriu unha causa contra o ex-director xeral da entidade e parte da antiga cúpula por unha ruinosa operación inmobiliaria en Almería, logo de ter concedido un crédito de 20 millóns de euros avalado cuns terreos que foran valorados en 30 millóns pero non valían nin 26.000 euros
O edificio InTempo é parte dos 5.000 millóns de euros en activos tóxicos de Novagalicia Banco transferidos durante o rescate á Sareb, que se negou a informar ao respecto ao Parlamento galego
Abanca revela ao Parlamento o montante total das vendas de activos a responsables de Caixa Galicia e Caixanova e familiares dende 2004, pero non aclara o detalle das compras apelando á protección de datos, que "tamén impide" achegar datos completos da indemnización de Méndez
En Marea denuncia o pacto entre socialistas e populares para evitar que compareza o presidente da Xunta por impulsar a fusión das entidades galegas malia saber que “estaban quebradas”
A Audiencia Nacional permite a saída da cadea do ex-presidente de Caixanova e Novacaixagalicia tras devolver o cobrado e tendo en conta a súa avanzada idade e o seu estado de saúde. Terá que colaborar coa asociación Érguete.
A entidade que mercou os restos de Caixa Galicia e Caixanova responde á solicitude da comisión de investigación das caixas que a lei de protección de datos lle impide informar sobre a compensación que recibiu o antigo director xeral, estimada nuns 18 millóns de euros
A Sareb puxo en marcha nos últimos meses varias accións comerciais para tentar desfacerse das súas vivendas e nunha delas emprega especificamente como reclamo vivendas en Galicia. A entidade ampárase na protección de datos e a confidencialidade para atrancar a investigación galega
A Sareb comunica por carta á Cámara galega que non lle facilitará o listado que reclama a comisión de investigación das antigas caixas para coñecer os detalles dos máis de 5.000 millóns de euros de activos que absorbeu da entidade herdeira de Caixa Galicia e Caixanova