A investigación sobre a fusión das caixas volve ficar conxelada no décimo aniversario da efémera Novacaixagalicia
O 1 de decembro de 2010 comezaba a operar oficialmente a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia con Caixanova, que naquel día se presentaba como unha "plataforma financeira máis forte que as dúas de orixe". A aventura de Novacaixagalicia durou como tal apenas un ano; en 2011 tivo que emprender a bancarización e Novagalicia Banco acabaría precisando un rescate do que o Banco de España dá por perdidos uns 9.000 millóns de euros