
O PP saca peito tras pactar que a Xunta achegue o 3% do custo do dique flotante
PP e PSdeG pactan a última hora incluír nos Orzamentos unha partida de cinco millóns para a infraestrutura, que tería un custo duns 165 millóns. A Xunta rectifica un comunicado no que se atribuía en exclusiva o mérito da achega económica.