“Co modelo que temos é inviable un cinema galego como tal”
No documental A viaxe de Leslie, Marcos Nine afonda nas diferentes hipóteses sobre a morte de Leslie Howard. Chegará ás salas de Ferrol, Vigo e Compostela en novembro.
Manel Cráneo leva á novela gráfica o relato xeracional d'A nosa cinza
O ilustrador traballa xa neste proxecto sobre a referencial novela de Xavier Alcalá. Galaxia publicará o volume no primeiro trimestre de 2016. Praza adianta algúns dos bosquexos
“Os bufóns métense co poder, goberne quen goberne, nunca o celebran”
O xornalista, escritor e cómico Carlos Meixide (Vilagarcía, 1977) publica Ons, unha novela xuvenil "do xénero das aventuras vacacionais". Entrevista de Alberto Ramos
"Tocar a pandeireta co puño pechado e cantar unha muiñeira tamén é punky"
Xabier Díaz, xunto as Adufeiras de Salitre, vén de publicar o seu novo disco en solitario: The Tambourine man. Un chamamento ao seu xeito, como a canción de Bob Dylan. Unha entrevista de Alberto Ramos.
“Fontán foi un protonacionalista; sempre tivo Galicia por diante de calquera interese”
Marcos Calveiro vén de gañar o IX Premio Repsol de Narrativa Breve con Fontán, novela que percorre a vida de Domingo Fontán, autor da Carta Xeométrica de Galicia
“Quixen fuxir do típico na literatura galega, que está feita dende a oposición franquista”
Xoaquín Fernández Leiceaga vén de estrearse na narrativa coa súa primeira novela, Agosto de memoria e morte (Xerais). Unha entrevista de Alberto Ramos
'Ensaio sobre a cegueira': Saramago segundo Sarabela Teatro
A compañía estreará o 24 de setembro en Ourense a adaptación da novela do Nobel portugués, nunha montaxe de gran formato que conta coa participación de nove intérpretes e a colaboración audiovisual de Jorge Coira
“A sensación é que, dende arriba, queren rematar co Centro Dramático Galego, deixalo morrer”
Praza conversa con Ernesto Chao e Mela Casal, dous veteranos da escena galega que, até agora non coincidiron en escena. Farano coa obra Noiteboa, de Redrum Teatro, que se estreará en Compostela o 17 de setembro.
Por Alberto Ramos
“As artes escénicas están nunha situación límite, precisamos unha refundación”
Alberto Ramos fala con Belén Pichel, nova presidenta de Escena Galega, que durante a Mostra de Ribadavia recibiu o premio de honra
“Calquera autor de Positivas vende máis que Alfredo Conde”
A editorial que dirixe Paco Macías celebra o seu 25 aniversario. Alberto Ramos conversa con el sobre a historia da editorial, o seu futuro, a crise e o mundo do libro en xeral
“A nosa política cultural é miope; non se decata da gran embaixada cultural que significa a nosa música”
Uxía e Fran Pérez (Narf) publican Baladas da Galiza Imaxinaria (Edicións da Madriña, 2015), o seu primeiro disco conxunto, que naceu antes sobre os escenarios ca no estudio
"'De remate' é unha novela pouco convencional, anárquica, na que o lector vai construíndo a historia”
Héctor Cajaraville (Santiago, 1975) vén de gañar o XXXII Premio Xerais coa novela De remate. Entrevista de Alberto Ramos.