“'A viaxe de Gagarin' forma parte dun axuste de contas cos sesenta”
Agustín Fernández Paz vén de publicar con Xerais A viaxe de Gagarin, un libro de formación, un libro de descuberta. En definitiva, un libro contra a desmemoria. Entrevista de Alberto Ramos.
"Mostovoi puxo Vigo no mapa"
Os xornalistas Rafael Valero e Víctor López veñen de publicar con Producións Peludas Diez años sin el 10. Entrevista de Alberto Ramos
“Os Diplomáticos e o Bravú constitúen o feito cultural máis importante en Galicia dende o grupo Nós”
Esa é unha das ideas que defende Rodri Suárez no seu libro Non temos medo. Historia Oral dos Diplomáticos de Monte Alto, unha sorte de biografía conversacional na compaña dos membros do grupo e dalgunhas voces relacionadas coa formación e o Bravú.
Voadora leva ‘A tempestade’ de Shakespeare á súa illa estética
A compañía estreará o próximo 4 de xuño en Guimarães o seu novo espectáculo. Reportaxe de Alberto Ramos
Chévere prepara un “espectáculo contra Galicia”, un país de ananos “no que o goberno non quere gobernar”
A compañía estreará o 31 de marzo a súa nova montaxe, Viaxe ao país dos ananos, coa que celebrarán os vinte anos das Ultranoites e coa que percorrerán a historia de Galicia das últimas décadas.
“No sector cultural estase a facer un ERE multitudinario do que ninguén se preocupa”
Tras o éxito de Matalobos, Luís Iglesia e Xabier Deive volven xuntos aos escenarios nun formato diferente. Trátase de Sede de Mal, que mestura música, monólogos, retranca e reflexión. Unha entrevista de Alberto Ramos
“Somos seres que producen merda e temos que convivir con ela”
Quico Cadaval estreou hai unhas semanas con innegable éxito Da Vinci tiña razón (Producións Teatrais Excéntricas), unha obra excéntrica, escatolóxica e de puro humor a partir dun texto de Roland Topor. Entrevista de Alberto Ramos.
“Nestes tempos, as persoas están disociadas e a sociedade, esquizofrénica”
A lúa da colleita, de Anxos Sumai, é unha novela de identidade, de retornos e abandonos na procura do que somos.
“Nacionalismo e galeguismo son ferramentas interesantes para que as persoas de carne e óso avancen”
Xaime Subiela vén de publicar Para que nos serve Galiza? (Galaxia), obra galardoada o ano pasado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio
“Oxalá tivesemos un país forte ao que non lle houbese que explicar constantemente por que escribimos en galego”
Francisco Castro (Vigo, 1966) vén de publicar con Galaxia O corazón da Branca de Neve, novela policial coa que acadou o pasado verán o premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Con este libro, Castro pretende abrir unha serie de novelas ao redor do inspector Hermida, un tipo normal, un policía que podería ser cuspidiño a calquera axente que “un atopa no bar de abaixo da casa e que está a ver o Celta”
“Galicia é un país cun vínculo tan forte coa Idade de Ferro que até Feijóo vive agora nun castro”
Entre a divulgación, a historia e fantasía móvense Manuel Gago e Manel Cráneo no seu novo proxecto conxunto. Trátase de Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga de Galicia, un libro editado por Xerais no que os dous autores botan a vista atrás, até a Idade de Ferro
Mabel Rivera: "Caemos nunha época predemocrática”
O Consello da Cultura renderalle tributo o 24 de outubro a Mabel Rivera, cunhas xornadas escénicas nas que se falará da actriz, pero tamén do teatro e as circunstancias que atravesa