"Se neste país non te chaman facha, non es ninguén"
O actor Manuel Manquiña recibirá no X Festival de Cans o Premio Pedrigree 2013. Ademais, o intérprete vén de estrear co Centro Dramático Galego Días sen gloria, obra de Roberto Vidal Bolaño. Falamos con Manquiña nuha longa entrevista nas que dá as súas opinións sobre Vidal Bolaño, teatro e cine, mais tamén de crise, política, nacionalismo e lingua.
Brúxula e mapa para a xeografía bolañesa
Queda un mes para o 17 de maio e a cultura galega arrecende a teatro, a oficio, a Vidal Bolaño. Praza presenta esta ampla guía para non perder o lote de actos, montaxes e publicacións ao redor da figura do dramaturgo
“Vidal Bolaño centraba a súa atención nos marxinados, nos peor tratados pola sociedade”
O próximo 4 de maio, Rianxo acollerá a estrea de Bailadelas, a nova montaxe dunha compañía histórica: Teatro Antroido. A actriz Laura Ponte recupera a marca teatral que, durante anos, mantivo xunto a Roberto Vidal Bolaño. Dialogamos con ela, co fillo dela e do autor, Roi Vidal, e co actor Xavier Estévez, que dirixirá a obra.
A Galicia negra dos 80 baixo o cometa Halley
Manuel López Poy e Miguel Fernández lanzan co Demo editorial Os días da cometa, unha novela gráfica negra que ten como pano de fondo a corrupción incipiente e o narcotráfico da década dos oitenta en Galicia
“Os curdos están nun momento histórico no que se senten moi fortes; só poden ir a máis”
Séchu Sende vén de publicar Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, un libro no que se mestura poesía, ilustracións e as vivencias reais do escritor nunha viaxe realizada en 2010 ao Curdistán para presentar a tradución do libro Made in Galiza ao curdo e mais o turco.
Chévere suspende a xira de 'Eurozone', a súa “obra máis ambiciosa”, pola parálise da rede de distribución
A nova montaxe da compañía é un “panfleto teatral” no que os líderes europeos bailan ao son da violencia estética de Tarantino. Estréase este venres en Teo, onde se poderá ver durante tres semanas. O periplo por Galicia queda aprazado, ante a situación das artes escénicas
A Galipedia prepara o seu décimo aniversario rozando os 100.000 artigos
O 8 de marzo de 2003 o usuario ILVI creaba a primeira versión da portada da wikipedia galega e, cinco días despois, o 13 de marzo, creaba o primeiro artigo, dedicado á conxunción ou
As artes escénicas prepáranse na rúa para loitar contra a súa "morte non visible"
As asociacións aglutinadas na Plataforma das Artes Escénicas buscaron atopar puntos en común e unha folla de ruta de accións para responder ante o desmantelamento que, segundo os profesionais, está a sufrir a cultura polos recortes e a política cultural do Goberno do PP
"A RAG ten a imaxe polo chan e debe explicar as súas contas"
En febreiro chegará ás librarías a nova aventura de Tintimán. Aproveitamos a ocasión para falar con Santiago Jaureguizar de literatura e de asuntos da actualidade cultural do país.
“A cultura precisa dunha voz cidadá que a apoie. Sen ela, acabaremos esmorecendo”
Cándido Pazó anda a voltas polos teatros cunha singular adaptación d'O Decaméron. “No teatro todo é moi incerto”, explica Pazó, quen ve como o número de actuacións no seu caso baixa e baixa cada ano.
“A emigración da muller é unha expulsión, unha viaxe ao abismo”
Margarita Ledo vén de presentar A cicatriz branca, un filme de ficción con base documental no que se retrata a emigración da muller galega nos cincuenta.
“Vivir nun país sen cultura converteranos en man de obra barata para o exterior”
O pasado 31 de outubro estreábase nos cines O Apóstolo, película de stopmotion dirixida por Fernando Cortizo. Atrás quedaban anos de traballo, non poucos atrancos e non menos dificultades. Esta fin de semana obtivo o premio á mellor longametraxe no Festival de Marsella e segue pelexando por unha distribución en salas á altura dos seus merecementos.