“Varias editoras levan unha política que prexudica o sector do cómic”
Manel Cráneo vén de publicar o álbum Cousas de mortos con Demo Editorial. Con retranca e crítica social, os esqueletes convértense nos protagonistas dun álbum para a reflexión
José Domingo lanza en inglés 'Aventuras de un oficinista japonés'
"Esta é unha oportunidade de ouro, xa que é abrir unha porta cara a un mercado moi importante e fundamental no mundo do cómic”, recoñece o autor.
“O fotoxornalismo é unha forma de vida”
O fotógrafo Amador Lorenzo vén de gañar o premio Luis Ksado da Deputación da Coruña cunha serie fotográfica sobre Portugal titulada Tudo isto é fado.
Chus Pato e Fina Casalderrey, candidatas a entrar na Real Academia Galega
As dúas escritoras son as propostas para ocupar a vacante de Isla Couto. Os académicos e as académicas deberán votar no próximo plenario para decidir cal das dúas será a numeraria electa que volva aumentar a presenza feminina na Rúa Tabernas.
“A maioría da xente do audiovisual galego é moi cómoda”
“O máximo referente actual da serie Z galega”. Con estas palabras, o escritor Diego Ameixeiras define o cineasta Javi Camino, quen esta semana participará no Freakemacine da Coruña coa proxección de Maldito Bastardo. Esta fita, estreada xa hai catro anos, resume unha visión radicalmente diferente dentro do audiovisual do país e afonda nun surrealismo único no cinema destes lares.
Os ilustradores da perruquería de señoras
Os debuxantes Alberto Guitián, José Domingo, Roque Romero e Jorge Fernández manteñen un singular estudo de deseño na Coruña baixo o nome de La Pelu. Dese local, antigo salón de beleza, saíron nos últimos anos destacados albums como El Héroe, de David Rubín, ou Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo
“No cómic galego somos uns poucos francotiradores. E algúns dispáranlles aos compañeiros”
O debuxante ourensán David Rubín adianta en Praza que a segunda parte da súa obra 'El Héroe' chegará ás librarías a finais de novembro coa editorial Astiberri. Aproveitamos a ocasión para analizar con el nunha ampla entrevista o lanzamento, a crise e o sector da banda deseñada en Galicia.
O Salón Teatro acollerá o 27 de outubro a primeira gran homenaxe do Ano Vidal Bolaño
O tributo -que se celebrará en Santiago coa participación de, entre outros, Chévere, O Leo ou Carlos Blanco- significará o inicio das grandes celebracións ao redor do dramaturgo, cuxa obra completa será publicada a partir de xaneiro por Positivas. Roi Vidal, fillo do escritor, está a traballar nunha biografía do autor das Letras Galegas, que sairá na mesma editorial.
“A sachada do IVE é criminal; a cultura está ferida de morte”
Miguel de Lira recibirá o 7 de agosto o premio honorífico das Xociviga do Carballiño. Con este galardón recoñécese a traxectoria dun actor que vén de rematar a rodaxe da película Somos gente honrada e que xa traballa na próxima montaxe teatral de Chévere
A tradución ao inglés de 'Cantares gallegos', no mercado anglosaxón a finais de ano
A editorial Small Station Press, nunha coedición coa Xunta de Galicia, publicará a tradución baixo o título Galician Songs. “É a primeira vez que se publica en inglés un libro completo de poesía de Rosalía de Castro”, asegura o editor Jonathan Dunne.
A compañía teatral Lagarta Lagarta bota o peche tras unha década de traxectoria
As circunstancias económicas, o modelo de axudas teatrais e a gran proliferación de compañías provocan a desaparición dunha compañía consolidada, que fora fundada en 2001. “É imposible aguantar. E se aguantas, aguantas de mal xeito. Prefiro pechar, con moita pena, pero prefiro pechar”, recoñece o propio Ernesto Chao.
A Asociación de Actores anovará a súa directiva con Toño Casais como único candidato a suceder a Morris
O intérprete de Talía Teatro encabeza a única lista que se votará na asemblea xeral deste domingo. O Ano Vidal Bolaño, as reivindicacións do sistema cultural e a negociación do convenio colectivo serán os grandes retos dunha directiva que apostará por unha “política continuísta”