“Amólame que me pregunten por que escribo en galego. Xa sabemos que significa esa pregunta”
Coa súa nova novela O derradeiro libro de Emma Olsen, Berta Dávila levaranos até Faith, unha vila real dos EUA con toda a maxia verdadeira dun tren que non vai máis aló e dos restos do tiranosauro rex máis grande do mundo.
O Centro Coreográfico quedará sen produción neste 2013
Unha montaxe sobre Rosalía, xa anunciada, queda suspendida polo de agora e será substituída por A Bela Adormecida, ballet que non se estreará antes do próximo febreiro e que se adaptará “aos orzamentos dispoñibles”.
“A tendencia é a idiotizarnos; canto máis adormecida estea a sociedade, mellor para o poder”
Xornalista, escritor, editor e, dentro de pouco, tamén libreiro. Tucho Calvo reinvéntase cada pouco tempo. Dende hai dez anos encabeza o proxecto Biblos Clube xunto a Carmela González Boo. Agora, ese proxecto ramifícase para contar cunha libraría en Betanzos.
'As do peixe', teatro de memoria coas mulleres da clase traballadora
Cristina Domínguez dirixe unha montaxe que fura honra as traballadoras da conversa en Galicia. Con texto de Cándido Pazó e a interpretación de Casilda Alfaro, Monica Camaño, Susana Dans e Rocío González, estrearase o 24 de xullo na Mostra de Ribadavia.
“Os que nos gobernan son uns nostálxicos das partes máis sinistras do século XX”
“Unha novela de novelas, un baúl de historias que denotan, ante todo, unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar.” Con estas palabras o xurado do premio Xerais definiu Cadeas, a novela coa que Xabier López (Bergondo, 1974) uniu este recoñecemenro á longa nómina de galardóns que atesoura.
Promoven unha feira mensual das industrias culturais á marxe do apoio institucional
Celebrase os primeiros sábados de cada mes a partir de outubro en Área Central baixo o probábel nome de Feira das Culturas
Fasero: “Reixa, cousa que toca, cousa que afunde”
Fasero ten ganas de falar. Dende o pasado 15 de maio, cando coñeceu o seu polémico cesamento como delegado da SGAE para o Noroeste, gardou silencio. Este martes publicou un longo artigo na súa web no que acusaba ao presidente da SGAE, sumida en fortes liortas internas, de “mentir para manterse no poder”. Alberto Ramos fala con el nunha extensa entrevista
“Industrias culturais? Se aquí a Xunta era, até hai pouco, o único cliente da cultura”
Os actores Pepe Penabade e Carlos Santiago codirixen República de Gundián. Sainete futurista, un espectáculo da compañía de teatro amador Andaravía. Falamos cos dous teatreiros nunha longa entrevista sobre a montaxe, a crise do sector, a situación da profesión.
Historias e visións dun veto a Vidal Bolaño
Repasamos o affaire Portomeñe, un enfrontamento de ideas e palabras entre o daquela conselleiro de Cultura e o escritor nos primeiros pasos do Centro Dramático, que lle pecharía as portas en 1985 ao non ser aceptado como actor para a montaxe de Follas novas, e que abriu un debate sobre a autonomía teatral no seo da profesión
Do equipo Lupa a 'Doentes'. O percorrido audiovisual de Vidal Bolaño
Durante os últimos meses, lembramos as múltiples facetas dun animal da escena, dun home polifacético do teatro. Hoxe tamén queremos lembrar o Vidal Bolaño que bebeu os ventos por unha sétima arte que sempre lle foi demasiado esquiva.
“O sistema literario nunca aceptou a Vidal Bolaño como escritor e agora vai ter que admitilo pola forza da súa obra”
A editorial Positivas está a lanzar este ano as Obras Completas de Vidal Bolaño, un proxecto no que o selo vén traballando dende finais do 2011. Francisco Macías, director de Positivas, e Xosé Manuel Fernández Castro Pepes, autor do estudo A obra dramática de Vidal Bolaño (Laiovento, 2011), encárganse da edición.
“O narcotráfico ten un efecto destrutor de todo, que pode contaxiar un político ou un rapaz de 17 anos”
Carlos Reigosa vén de publicar A vitoria do perdedor. Neste título, o autor de Intramundi regresa á posguerra para contar a historia dun guerrilleiro ante a derrota final. Falamos con el sobre o seu novo libro e tamén sobre os seus míticos personaxes: o detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, cuxa nova entrega xa está en fase de creación