“Cando vin o Gaiás por vez primeira, asusteime. Pregunteime: Como se enche isto?”
Roberto Varela tomará posesión o próximo 23 de abril como embaixador en Uruguai. O ex conselleiro de Cultura e Turismo, que apura as súas últimas semanas en Galicia, bota a vista atrás para Praza nunha ampla entrevista na que revisa a súa xestión, responde as críticas e as polémicas que o rodearon, fura na Cidade da Cultura e opina sobre os sectores culturais.
Komic Librería celebra 25 anos como referente da banda deseñada en Galicia
A tenda compostelá de Xosé Barreiro celebrará en maio o seu aniversario cun concerto de The Sweet Vandals en Capitol e cunha incursión no eido da edición, xa que coeditará -xunto a Demo- Castelao: O pobre tolo, libro de Inacio Vilariño e Iván Suárez que forma parte dunha serie de banda deseñada sobre o autor de Sempre en Galiza
Kiko da Silva abrirá a finais de mes a primeira escola profesional de cómic de Galicia
O Garaxe Hermético. Así se chamará. O ilustrador Kiko da Silva collerá prestado o título do afamado cómic de ciencia ficción, creado por Moebius, falecido este sábado, para bautizar a que será a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia. Situada en Pontevedra, a escola abrirá as súas portas a finais deste mes ou a comezos de abril.
"Non hai industria da banda deseñada en Galicia, seguimos a ser catro francotiradores"
"A banda deseñada sempre estivo en crise, estamos afeitos a que nunca haxa cartos. Coa crise, seguimos aguantando como estabamos a nivel empresarial". Así define a situación da banda deseñada galega o debuxante Kiko da Silva, un dos membros de BD Banda e director da revista Retranca, neste tempo de crise no que as industrias culturais afogan entre débedas, atrasos nos pagamentos da Xunta e tesoiradas que producen vertixe.
“Casares non só deixou orfos os seus fillos, tamén a cultura galega”
O próximo 9 de marzo cumpriranse dez anos da morte de Carlos Casares. A efeméride servirá para lembrar a un escritor cuxa relevancia cultural segue moi presente no país. Falamos con Kristina Berg, escritora, viúva do intelectual e presidenta da Fundación Carlos Casares.
O substituto de Flocos nace como un "depósito do pasado" cun total de 86 producións galegas
Canle TV xa está en funcionamento. A nova videoteca en rede da Agadic abriu cunha selección de máis de 80 fitas e con preto de 45 tráilers de películas. Todas as producións recollidas son anteriores a 2009, ano no que se clausurou Flocos
"En tempos de demolición hai que ter presente a Vidal Bolaño, que podía producir espectáculos con tres pesos"
Rubén Ruibal debulla para Praza as súas visións sobre o momento creativo do teatro galego, reivindica a figura de Vidal Bolaño, do que este ano farán dez anos do seu pasamento, e salienta o bo nivel dos autores dramáticos do país: Vanesa Sotelo, Fernando Epelde ou Santi Cortegoso. Video no interior.
“Este goberno é unha brigada de demolición que chegou e dixo 'imos acabar con todo'”
O director Jorge Coira levará ao cine a obra teatral de Ruibal Limpeza de sangue. Os dous creadores falan con Praza da futura película, da crise, da corrupción e dos recortes en cultura da Xunta
“Antes había unha Consellaría de Cultura que non daba solucións. Agora todo segue igual”
O sector percibe que a política cultural seguirá a mesma liña con Anxo Lorenzo como secretario xeral e Jesús Vázquez como conselleiro. Os recortes seguirán a ser a tónica xeral nos poucos meses que quedan de lexislatura
O cineasta Enrique Otero lánzase ao xénero documental tras o éxito ‘Crebinsky’
O director iniciou en xaneiro a rodaxe de ‘Funes, o inventor da lúa’, unha fita que ten como pano de fondo aos inventores galegos
Agadic adía a marzo o sucedáneo de Flocos por mor dos dereitos de autor
Fasero xustifica con problemas coa propiedade intelectual os atrasos na posta en marcha de Canle TV, espazo que substitúe a filmoteca virtual pechada pola Xunta hai máis dun ano.
- Vídeo A semana das Letras
- Cultura
Unha fita sobre Paz Andrade recollerá unha das últimas entrevistas de Díaz Pardo
O director Gonzalo E. Veloso cede a Praza Pública un fragmento da gravación na que o intelectual lembra o homenaxeado nas Letras Galegas 2012. Mira o vídeo no interior.