O audiovisual reivindícase como “estratéxico” e reclama as axudas ao talento nuns Mestre Mateo moi repartidos
A reivindicación do audiovisual como sector estratéxico, a esixencia de que a Agadic convoque as axudas ao talento e a unidade profesional ante a crise foron os lemas constantes nunha gala dos Mestre Mateo que, na súa décima edición, quedou sen un claro triunfador ao repartir os premios de forma case democrática. Doentes e Engurras, con cinco galardóns; Matalobos, con catro, e Tralas luces e Emilia Pardo Bazán. A Condesa Rebelde, con tres, foron as producións máis galardoadas.
“O sector audiovisual está afeito a loitar”
Dolores Ben recibirá este sábado, na gala dos Mestre Mateo, o Premio de Honra Fernando Rey. Con este galardón, recoñécese a traxectoria profesional de Ben, quen é presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e da Asociación de Empresas de Dobraxe de Galicia (AITEGA).
“Se de aquí a medio ano non duplicamos o número de socios, a Academia do Audiovisual morre. Así de radical”
Antonio Mourelos preside dente o ano pasado a Academia do Audiovisual cunha executiva que inclúe pesos pesados do sector como Jorge Coira, Emma Lustres ou Luís Tosar. Este sábado, na Coruña, afronta a súa primeira gala dos Mestre Mateo. Nesta ampla entrevista con Praza reflexiona ao redor das dificultades do sector, a situación da TVG e o futuro da entidade que preside.
“En Galicia moitos acolléronse ao tópico de identidade. E con tanto falar de identidade, deixamos falar de política”
O profesor e tradutor Manuel Outeiriño vén de presentar en Compostela o seu libro Globalización e imperialismo cultural (Galaxia, 2011), un compendio de artigos que furan nun dos conceptos máis analizados nas últimas décadas. Esta obra, que verte ao galego textos de autores como David Held, Arjun Appadurai ou Alex Callinicos, pretende ser, segundo o autor, un achegamento inicial ao concepto da globalización
Manuel Guede regresa “dixitalmente” á dirección dun CDG que “non é a casa de todos”
O novo director, que xa ocupou o cargo nos gobernos de Fraga, afirma que buscará recuperar “os principios fundacionais” da institución, asegura que o concurso público de Blanca Cendán foi “unha mentira repetida” e anuncia que en quince días explicará as súas liñas de traballo no que non haberá espazo para “experimentos” e no que habera un diálogo con Portugal.
"Aos pijos antes chamábaselles fachas, agora centristas"
O bufón italiano enche as dúas funcións deste xoves en na Facultade de Xornalismo de Compostela co seu espectáculo The Best Of, no que repasou os seus mellores números, mallou con ironía nas súas grandes teimas (a Igrexa, a dereita, a banca) e, por suposto, lembrouse de Conde Roa. “Xa está oficialmente imputado”, celebrou ante os aplausos dun auditorio entregado.
“Non son demócratas, son os fascistas de sempre”
Leo Bassi, enfundado en traxe tradicional e ao son das gaitas, homenaxeou hoxe a Prisciliano e cargou contra “a censura” nun acto na Praza do Obradoiro que tiña que culminar na Sala de Prensa do Concello , convidado polo BNG local. Non obstante, as portas da sala estaban pechadas. “Outra censura”, sorprendeuse o artista, que hoxe ofrecerá na Facultade de Comunicación o espectáculo que foi suspendido no Teatro Principal.
"Sinsal non pode ser só un festival musical"
“Sinsal segue unha liña de programación, que non se identifica cun estilo concreto. É un festival que ten un público que se identifica coa música nun sentido amplo”. Con estas palabras, Julio Gómez define o Festival Sinsal, que esta fin de semana tomará o Marco de Vigo para lle dar comezo a súa décima edición. O pistoletazo de saída virá da man do Club Sinsal, un conxunto de actividades que encherán de música, cinema, fotografía e literatura os diversos espazos da institución viguesa dende as 18 horas deste sábado.
“Estamos gobernados por incompetentes en materia cultural”
Este martes entregaranse os Premios María Casares do Teatro. Avelino González, por Pelos na lingua; Xesús Ron, por Citizen, e Xulio Lago, por E.R. (algún día traballaremos xuntas) son os tres finalistas na categoría á mellor dirección. Praza xuntounos en Compostela para tentar realizar unha radiografía do sector teatral nestes tempos de crise, recortes e despois dunha celebración do Día Mundial do Teatro caldeado pola destitución da ex directora do Centro Dramático Galego (CDG).
"Desmantelamento da cultura, non"
Os traballadores e traballadoras das artes escénicas denunciaron o abandono do sector, atrasos nos pagamentos e pediron un plan de futuro para a cultura en Galicia, nunha manifestación que percorreu as rúas de Compostela e rematou nas portas do Salón Teatro.
"Fasero censura a voz da cultura"
"Fasero censura a voz da cultura", "Fasero dimisión", "CDG, solución xa", "censura tras censura, ensaiando a ditadura", "O teatro é noso, non dos morosos". Esas foron algunhas das consignas que hoxe ecoaron polas rúas de Compostela no transcurso da marcha convocada pola recén nacida Plataforma das Artes Escénicas. Centos de profesionais do sector secundaron a "mani-festa-acción" convocada para celebrar o Día Internacional do Teatro na que se reivindicou a importancia cultural das artes escénicas e se denunciaron as súas dificultades.
Blanca Cendán: "Non podemos permitir que os políticos de turno desmantelen todo"
A xa ex directora do Centro Dramático Galego asegura que a súa destitución se produce por acceder ao que o Día do Teatro se celebrase no Salón Teatro de Santiago. "Fasero díxome que non debín facelo, que era un acto reivindicativo. Non entendo a explicación. É improcedente. É o día do Teatro e a xente do teatro ten que estar no teatro", asegura Cendán.