Artur Trillo: “Non somos optimistas sobre o futuro da Mostra de Teatro de Cee”
O evento celebrará en agosto a súa 25ª edición. A efeméride chegará cargada de incerteza de cara ao futuro, xa que podería ser a última vez que se leve a cabo. Talía Teatro medita poñer punto e final a súa organización.
“Contigo, Agustín, somos nación”
Vigo acolleu este sábado a Homenaxe Nacional a Fernández Paz, organizada por Prolingua. O acto converteuse nunha celebración do compromiso do escritor coa lingua, coa literatura, a educación e a nación.
“A cultura ten que atrincheirarse e buscar solucións a este desastre”
David Barro e Carlos Montilla veñen de inaugurar en Compostela Kunsthalle, un local na rúa da Conga que busca converterse nun “caixón de xastre” de iniciativas culturais nestes tempos de tesoiradas institucionais e crises rescatadas.
“Recoñecer a Vidal Bolaño é recoñecer a importancia do teatro na normalización cultural do país”
“Ter no país unha figura como a de Vidal Bolaño e mirar cara a outro lado é unha inxustiza”. Está é unha das conclusións que transmite Xosé Manuel Fernández Castro (Santiago, 1963). A finais do ano pasado este profesor publicou en Laiovento A Obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, libro que fura na traxectoria vital e profesional do dramaturgo. Praza aproveita a campaña que promove as Letras Galegas para Vidal Bolaño para recuperar o libro e falar con Fernández Castro.
Unha campaña promove as Letras Galegas de 2013 para Vidal Bolaño
O grupo de promotores busca adhesións e comunicarase proximamente coa RAG para acada a necesaria homenaxe ao escritor, que se podería converter no primeiro dramaturgo homenaxeado coas Letras. “ Os tempos deberían ser chegados para ese xénero que segue sendo literario. Cincuenta anos pasaron polo 17 de Maio e trinta polo teatro galego e a súa profesionalización”, reivindícase no manifesto da campaña que xa apoiaron preto de 300 persoas.
Diego Ameixeiras lánzase ao cómic da man de Abraldes para crear unha “novela gráfica de intriga”
O escritor e o ilustrador traballan dende hai meses nun proxecto cuxas primeiras follas publica Praza en exclusiva. Trátase dunha historia de suspense que contará con 48 páxinas e que os creadores pretenden ter rematada o próximo ano
“A administración non entende que é un festival de cine nin que significa. Iso é máis grave que calquera recorte”
Este mércores comezará o IX Festival de Cans. Aproveitando a ocasión, Praza reúne tres directores de festivais para realizar unha radiografía da situación actual das mostras en Galicia. Alfonso Pato, coordinador do Festival de Cans; José Luis Losa, director de Cineuropa, e Martin Pawley, responsable do Ciencia e Cinema da Coruña, reflexionan neste encontro sobre a natureza dos festivais, as súas dificultades e, tamén, da crise.
“Trazo de xiz entraría hoxe na normalidade do cómic, pero daquela furaba en cuestións que estaban en cueiros”
Miguelanxo Prado vén de publicar con El Patito Editorial a versión en galego de Trazo de xiz, un dos seus libros máis aplaudidos e premiados. Publicado en castelán en 1994 por Norma, Trazo de xiz tivo que agardar case dúas décadas para chegar as librerías en galego, idioma no que se escribiu orixinalmente. Ademais, Prado xa prepara o seu próximo libro: Ardalén, unha historia sobre a memoria individual e familiar que chegará as librarías en galego a finais de ano tamén con El Patito Editorial
O Salón do Cómic da Coruña celebrará “sen grandes fastos” a súa XV edición entre o 6 e o 12 de agosto
“A gran celebración será facelo”, adianta Miguelanxo Prado, director dun Salón do Cómic que sufriu atrasos na súa organización. “Seguramente houbo problemas de comunicación coa Concellería de Cultura”, admite Prado, quen tamén recoñece que, pese os recortes que vaia haber, “o núcleo duro do Salón manterase”.
“O regreso de Manuel Guede tiña que ser máis humilde, non foi afortunado que emporcallase o concurso público do CDG”
O intérprete Antonio Durán Morris recibirá o premio Pedigree 2012 da IX edición do Festival de Cans, que se celebrará entre o 23 e o 26 de maio. O actor, que vén de recibir o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina por Doentes, recoñece a súa satisfacción polo galardón dun festival, Cans, que viu “medrar dende os comezos”. Praza aproveita a ocasión para falar co actor do sector audiovisual, das artes escénicas, do CDG, de Vidal Bolaño e, como non, da omnipresente crise.
“A pretensión deste cómic é devolver a Castelao ao mundo dos humanos”
Inacio e Iván Suárez veñen de presentar en Santiago O pobre tolo, ábum no que se retrata o intelectual dun xeito máis “humano” durante o seu desterro en Badaxoz. A obra é a primeira que ve a luz en forma de libro dunha serie , na que se inclúe tamén Titoán, obra sobre a mocidade do autor de Sempre en Galiza galardoada co Premio Castelao de Deputación da Coruña en 2011 e aínda inédita para o gran pública ao estar “medio secuestrada”.
30 anos de Premio Blanco Amor
O certame de novela celebra a súa trixésima edición, en Fene, como o gran “premio civil” da literatura galega. Repasamos a súa historia e orixes con varios dos seus gañadores e gañadoras e a respercusión que tivo nas súas traxectorias