Besteiro e Puentes fan quilómetros cun ollo posto en Pachi Vázquez
O líder dos socialistas lugueses e o portavoz nacional de Novo Socialismo Galego preséntanlle á militancia do PSdeG os seus proxectos para renovar o partido mentres agardan saber se o actual secretario xeral aspirará ou non á reelección
Agadic dá cinco días (outra vez) para optar a dirixir a súa política audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un novo recurso, con criterios menos estritos, para elixir a persoa que coordine o seu departamento audiovisual tras o cesamento de Anxo Quintanilla
Feijóo admite que os contratos da flota menor de Pemex tamén dependen dun concurso
O presidente da Xunta di que en xullo se saberá se empresas galegas poden construír embarcacións para a petroleira por importe de 240 millóns mentres alimenta as expectativas de investimentos do país azteca en Galicia
A Xunta disponse a controlar máis o horario do seu persoal
O Goberno galego prepara unha orde que inclúe a figura da "compensación horaria" para os empregados e empregadas que cheguen tarde. A mesma norma regulará os sistemas de horario flexible e o teletraballo.
A Coruña e Santiago son os concellos máis endebedados de Galicia
A débeda dos municipios galegos aumentou case un 20% en apenas un ano. Todas as cidades incrementan a súa débeda agás Pontevedra, Lugo e Ourense, mentres 58 concellos non deben nada
A Xunta prepárase para someter o seu persoal a un exame permanente
A nova Lei do Empregado Público, aínda en fase de anteproxecto, introduce unha "avaliación" individual para os traballadores e traballadoras da Administración, que seguirán podendo acceder a un posto de traballo público sen realizar un só exame en galego.
Industria di que o Estado agora si vai consultar á UE sobre o dique flotante
O PSdeG lembra que o propio presidente de Navantia afirmou que "Bruxelas non é a escusa" para non construír a infraestrutura e insta o Goberno galego a non seguir "xogando coa desesperación da xente"
A Xunta proclama que só apoia a minaría "comprometida co país"
En medio da controversia polas explotacións mineiras de Corcoesto, Castrelo de Miño ou A Limia, o Goberno galego asegura no Parlamento que está a "apostar" por unha "minaría moderna e segura"
Política Lingüística desdeña as críticas da UE á protección do galego
O secretario xeral, Valentín García, réstalle valor ao informe do Consello Europeo por estar "feito en Madrid" e carga contra Prolingua polas súas críticas á Rede de Dinamización Lingüística
A Policía, aliada do desmantelamento de conservas Cuca
AGE leva ao Parlamento a actuación dos antidisturbios na factoría de Vilaxoán, onde bloquearon o persoal que protesta para evitar o peche e facilitaron a retirada de maquinaria
Cando era o PP quen facía 'escraches'
En setembro de 2009 os conservadores enviaron a membros das súas Novas Xeracións a manifestárense ante a vivenda do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez e Feijóo considerou que "todas as concentracións democráticas teñen un sentido"
O PP vese "reforzado" polas polémica das fotos de Feijóo co narco
O PSdeG considera "patética" a reacción do PP ante as críticas polas imaxes con Marcial Dorado e o Bloque presenta iniciativas para reclamar a dimisión do presidente