Feijóo, disposto a recortar o Parlamento só cos votos do PP
O presidente da Xunta advirte de que o consenso non lle é imprescindible para reducir o número de escanos e evita valorar alternativas como a redución de salarios. Audio no interior
Feijóo gábase de recortar menos ca outras autonomías ao entregar as Medallas de Galicia
O presidente realiza unha inédita chamada ao "ben común" fronte ao "individualismo" que, di, está na orixe da crise, no único acto do Goberno galego no Día Nacional de Galicia
O BNG en pleno reivindícase como "casa común dos nacionalistas"
O Bloque supera o reto do primeiro Día da Patria tras as marchas de grupos internos e xunta milleiros de persoas en Compostela con Francisco Jorquera e Guillerme Vázquez como coprotagonistas da xornada
"A festa maior dos galegos"
Dende hai máis de 90 anos o 25 de Xullo é data de celebración e reivindicación en Galicia. O que dende 1979 é Día Nacional foi evocado polas Irmandades da Fala como unha xornada de "autoafirmación" e por Castelao como a "festa maior" do país
PSdeG e BNG ven "amaño" electoral e "golpismo" no afán do PP por reducir o Parlamento
Os socialistas coidan que Feijóo tenta "perpetuar" unha maioría absoluta que non lograría nas urnas e os nacionalistas alertan do intento de "trucar" as regras de xogo, algo "impropio dun partido que se di demócrata"
Jorquera chama ante Rosalía e Castelao a "construír" o país "tras o paso de Feijóo"
O candidato do BNG á Xunta apela á "rebeldía" e o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, aposta por continuar a "loita permanente" de Rosalía a prol dos dereitos das mulleres
O PP confirma que quere reducir o Parlamento antes das autonómicas
O secretario xeral dos conservadores e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, insiste en que o recorte de parlamentarios é unha "demanda cidadá" e apela á "responsabilidade" da oposición. A medida implica unha redución de gasto do entorno a 1 millón de euros e, cos resultados de 2009, afianzaría a maioría absoluta popular.
O presidente murciano, que pedirá o rescate, dirixe as rexións da UE pola súa "política exitosa"
O PP europeo gaba a "exitosa carreira política" de Ramón Luis Valcárcel para apoiar a súa elección como máximo dirixente do Comité das Rexións da Unión, órgano do que Feijóo será vicepresidente
O aforro de recortar o Parlamento, de cartos ou de democracia?
A redución de deputados proposta por Feijóo, de 75 a 60, reduciría a representatividade de Lugo e Ourense, cos resultados de 2009 faría máis folgada a maioría absoluta do PP e suporía reducir un gasto equivalente ao de, por exemplo, algunhas campañas publicitarias da Xunta.
A Xunta, alumna avantaxada de Gallardón fronte ao aborto
O Goberno galego acumula medidas contrarias á aposta pola liberdade de decisión da muller incluída na aínda vixente lei do aborto. Inspirado nos postulados do Foro Español de la Familia, o Goberno galego prepara outros plans como unha guía con conceptos de "erótica aconceptiva"
Compromiso, a Beiras: "O tempo esgótase"
Bascuas mantén que "a porta segue aberta" para unha confluencia entre CxG e Anova, pero advirte de que en setembro comeza o proceso de primarias da organización impulsada por Máis Galiza, Acción Galega e Ecosocialistas
Milleiros de berros e unha soa voz contra os recortes de Rajoy
A cidadanía secunda masivamente as protestas unitarias convocadas por CIG, CCOO e UGT para rexeitar o paquete de retalladas do Goberno central en multitudinarias manifestacións que superan todas as expectativas e nas que a xente pide a "dimisión" do Goberno. Os sindicatos falan de 350.000 persoas en toda Galicia.