O director da CRTVG xustifica contratar a Isabel Pantoja e resístese a revelar canto custou
Sánchez Izquierdo defende no Parlamento a presenza da cantante na canle pública malia o seu procesamento no caso Malaya, acusada de branqueo de capitais
Feijóo relaxa o plan de gastar "cero" euros en alugueiros que prometeu en campaña
O Goberno galego asegura que o segundo plan de "racionalización" de arrendamentos lle permitirá reducir o gasto en 4 millóns de euros, o que implica que destine a esta partida case dous millóns ao ano
Navantia desbota o dique flotante e incendia o seu persoal
O presidente da empresa pública sentenza que a infraestrutura prometida polo PP "non é viable" e Feijóo asegura que "non hai moitas novidades", se ben reprocha que a dirección da compañía non faga "xestións" para conseguir novos pedidos
Feijóo declárase "aliado" dos preferentistas na véspera de que saiban cantos cartos van perder
O presidente da Xunta advirte as persoas afectadas polas preferentes de que "non caben actos violentos" para expresar as súas reivindicación e teima en culpar a oposición das crecentes protestas
Os aspirantes a renovar o PSdeG piden resolver as "incertezas" das primarias consultivas
Besteiro, Leiceaga e Caamaño, entre os dirixentes que agardan obter "explicacións" sobre o sistema de elección do novo secretario xeral pactado con Ferraz. A dirección encabezada por Pachi Vázquez, convencida de que a votación da militancia decidirá a elección. Audio no interior
Máis de 80.000 galegos establecéronse no estranxeiro nos últimos cinco anos
O padrón de persoas procedentes de Galicia incrementou nun 20,9% dende 2009 e en máis dun 4% no último ano
O persoal da Xunta só poderá ir cos fillos maiores de idade ao médico "se non poden asistir sós"
O Goberno galego unifica as regras para a solicitude de permisos, licenzas e vacacións en todos os seus organismos nunha instrución que recolle algunhas das achegas sindicais
A Xunta corrixe o alto cargo que anunciou o veto á comida da casa nos colexios
O secretario xeral de Educación xustificou no Parlamento a prohibición das friameiras por motivos de "seguridade alimentaria". A Consellería asegura agora que non ten prevista prohibición ningunha.
Publicar os bens dos deputados: concesión ou obriga?
O Parlamento galego publicará o vindeiro 25 de marzo por segunda vez as declaracións voluntarias de bens dos seus membros. A oposición subliña a necesidade de afondar na transparencia mentres segue pendente a reforma legal para que a publicación se convirta en norma.
Rubalcaba evita a batalla co PSdeG, que renovará liderado cunhas primarias de delegados
O secretario xeral do PSOE pacta con Pachi Vázquez a celebración dunha consulta á militancia previa á ratificación do secretario ou secretaria xeral no Congreso Nacional do 6 de xullo.
Concertos con colexios que segregan: valen por 650.000 menús escolares
O Goberno galego defende a súa suba de prezos nos comedores escolares ata os 4,50 euros, o "custo real do servizo". Os centros que separan nenos de nenas viñan recibindo uns 3 millóns ao ano, segundo calculan a oposición e os sindicatos.
Vence, disposto a integrar o BNG nun "polo nacionalista sen restricións de siglas"
O portavoz nacional do Bloque marca como "único criterio" para a "confluencia" que as demais forzas que participen non estean "supeditadas a organizacións alleas"