Besteiro: "O PSdeG ten que pensar en clave de Galicia e superar unha visión localista"
O primeiro candidato á secretaría xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo advirte de que "en ningún punto dos estatutos" do partido "pon que non poidamos escoitar á militancia" e subliña que a formación "non pode renunciar a actuar ante o austericidio da dereita"
Vence colle o temón do BNG para "recuperar o pulso" e procurar un "Estado propio"
O Bloque pecha a súa XIV asemblea cunha aposta por artellar un "movemento soberanista multicor" e entre berros de "independencia"
O BNG aclama a Vázquez na súa despedida: "Non poderán destruírnos"
Xavier Vence disponse a coller o relevo no liderado do Bloque no inicio da XIV Asemblea Nacional da formación cunha chamada a aparcar as "liortas internas" e unha defensa do discurso soberanista, que "non é unha deriva". Vídeo no interior.
O BNG cítase para "reorientar" o seu rumbo
O Bloque celebra este domingo a XIV Asemblea Nacional co reto de "revitalizar" o seu proxecto político e co acento na soberanía. Xavier Vence liderará como portavoz nacional unha Executiva renovada.
O TSXG tomba os concertos da Xunta cos colexios que segregan por sexo
O alto tribunal galego estima un recurso do STEG e deixa sen efecto o financiamento público de prazas en cinco centros educativos que separan os alumnos das alumas
Infraestruturas merca espazos na prensa por 2,7 millóns e nega que faga "propaganda"
O departamento que dirixe Agustín Hernández gastou 1,2 millóns de euros en anuncios durante 2012 e asegura que os seus gastos na materia son "acordes cos tempos en que nos atopamos". A Cidade da Cultura destinou máis de medio millón a publicitarse nun só ano.
A Xunta dispara un 40% o prezo dos comedores escolares en plena crise
Un terzo do alumnado do ensino público galego terá que pagar por xantar na escola e a Consellería de Educación deixará de ter en conta a distancia da casa ao centro educativo para calcular o custe do servizo
A Xunta non recorrerá as sentenzas do decreto pero manterá as enquisas ás familias
Feijóo anuncia que lles pedirá "flexibilidade" aos docentes para que o alumnado poida seguir expresándose na lingua que considere oportuna en cada materia e carga contar quen "queira seguir vivindo da polémica" da lingua
Máis de 65.000 emigrantes amortecen o paro xuvenil dende o inicio da crise
Un total de 124.845 persoas de entre 18 e 34 anos abandonaron Galicia entre 2002 e 2011; un estudo sindical estima que a emigración evita que a taxa de paro galega sexa practicamente idéntica á do Estado
Aymerich: de Máis BNG a Abrente
A decisión do líder de Abrente de deixar o Parlamento culmina, dalgún xeito, un proceso iniciado tras a saída do Bloque da Xunta, cando se puxo á fronte da corrente interna herdeira do 'quintanismo'
Feijóo apoia en Bildu a súa resistencia a explicar a presunta corrupción no PP
O presidente da Xunta vólvese negar a dar contas no Parlamento sobre as supostas condutas irregulares no seu partido e censura que o BNG o cuestione ao respecto mentres "pacta" coa esquerda abertzale. Vídeo no interior
Sanidade corrixe a Feijóo e di que a falecida nas urxencias de Vigo tivo "atención correcta"
A conselleira Rocío Mosquera asegura que a doente "tivo unha atención absolutamente correcta" e a oposición culpa o acontecido aos recortes sanitarios