Feijóo atrinchéirase na súa versión das fotos co narco e non ve "contradición" co xuíz
O presidente da Xunta obvia que Taín asegura que houbo contactos telefónicos con Marcial Dorado alén do ano 2000 e remítese á súa comparecencia parlamentaria do vindeiro mércores mentres volve proclamar que "rematou a infamia" sobre as súas fotografías.
O PSdeG estuda demandar o deputado do PP que o acusou de "aplicar a pena de morte"
Os socialistas diríxense á presidenta do Parlamento para que o parlamentario Alberto Pazos rectifique as súas verbas e, se non o fai, levarano ante a Xustiza
A crise e os recortes, obstáculos para "saír do círculo da violencia" machista
As denuncias por violencia machista caeron case un 20% en territorio galego dende o inicio da crise. O Observatorio estatal contra o maltrato de xénero subliña a necesidade de que as retalladas gobernamentais non afecten aos recursos para protexer as vítimas.
O xuíz Taín revela que Feijóo falou co narco alén do ano 2000
O presidente tenta zafarse das fotos con Marcial Dorado e a oposición ve acreditado que "mentiu", toda vez que asegurou que contactara con el por última vez en 1999
As fotografías "estiran" en función do barco
O PP galego, co vicepresidente Rueda á cabeza, volve situar as imaxes de Anxo Quintana cun empresario na etapa do goberno bipartito mentres Feijóo insta a non empregar politicamente as súas instantáneas co narco Marcial Dorado
A oposición arrastra a Feijóo a comparecer sobre as fotos co narco
O PP acepta que o presidente da Xunta compareza no Parlamento case tres anos despois da súa última intervención á marxe das sesións obrigatorias e, a cambio, conseguen que a oposición renuncie a unha sesión de control. Audios no interior
Os colexios concertados levarán máis de 900 millóns en catro anos
A Xunta rebaixa lixeiramente os cartos para os concertos educativos cunha nova orde que deixa aberta a porta a financiar os centros segregacionistas en canto o Goberno central culmine a Lei Wert
Feijóo non dimite polas fotos co narco e declárase vítima dun plan para "amedrentalo"
O presidente da Xunta nega que Marcial Dorado se beneficiase de contratos coa Xunta ou co Goberno central e asegura que a súa relación non era "nin sequera directa". Audio no interior.
Dous deputados da pasada lexislatura non pagaron nada de IRPF en 2012
O Parlamento de Galicia publica as declaracións patrimonais dos seus membros por segunda vez
Pero... Quen ten a culpa das preferentes?
A orixe da regulamentación dos polémicos produtos financeiros está nunha reforma legal do Goberno de Aznar. Mentres foron emitidos gobernaron no Estado populares e socialistas e en Galicia, o PP e o bipartito de PSdeG e BNG.
Tecnoloxía e emprego ou base militar na Terra Chá?
A multinacional Cassidian vén de lograr o primeiro voo do avión non tripulado Atlante no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei. O que para as institucións impulsoras é unha oportunidade de desenvolvemento tecnolóxico e emprego é, para os seus detractores, o posible xermolo dunha instalación da OTAN.
A Xunta gasta 70.000 euros en asesoría para privatizar a autovía Dozón-Ourense
O Goberno galego asegura que a Axencia Galega de Infraestruturas "non dispón dos medios nin do persoal" para xestionar a "externalización" do treito da autoestrada AP-53 e da AG-54