Máis de 13.000 euros ao mes por vixiar o pavillón do Xacobeo
A Xunta disponse a contratar os servizos de seguridade e limpeza das instalacións da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo mentres prevé a súa disolución no novo ente Turismo de Galicia
Feijóo tenta 'compartir' a Marcial Dorado co bipartito
O presidente da Xunta procura trasladar o foco das súas fotos cara ás "axudas" que as empresas do narco recibiron do Goberno galego en tempos do Executivo de coalición. Admite contratos por 5.000 euros coas mesmas compañías baixo o seu mandato e evita, polo momento, aclarar se os houbo na etapa de Fraga.
A mudanza da Agadic ao Gaiás custou 5.000 euros
A Xunta defende o aforro que supón trasladar organismos públicos á Cidade da Cultura, que custa uns 9.000 euros ao día só por manterse aberta
Seis de cada dez pisos que Novagalicia tenta vender están fóra do territorio galego
Os pisos que a entidade resultante da fusión das caixas galegas ten á venda na fachada mediterránea española son case os mesmos que os que oferta en Galicia
Feijóo refúxiase no ataque á oposición para exculparse das fotos co narco
PSdeG, AGE e BNG reclaman a dimisión do presidente da Xunta, a quen achacan ausencia de "ética" por ir "nos iates dos narcotraficantes" nos anos máis duros da droga en Galicia.
O Parlamento en pleno esixe que se "xulgue os responsables" do asasinato de Couso
Todos os grupos da Cámara galega acordan dirixirse ao Goberno central para que facilite a posta á disposciión da xustiza das persoas que provocaron a morte do cámara galego en Iraq
A Xunta prescindiu de máis de 4.000 empregados dende 2010
O Goberno galego reduciu en case un 5% o seu cadro de persoal nos últimos catro anos, nos que tamén aplicou diversos recortes de remuneracións e dereitos sociais e 'estreou' a reforma laboral para despedir traballadores e traballadoras da Consellería de Traballo
A lei galega de universidades, un 'copia e pega' da andaluza?
A Xunta copia literalmente case unha decena de artigos da lei universitaria do Goberno andaluz, frecuentemente criticado polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo
A Xunta participou na reactivación da Comisión Nacional de Asuntos Taurinos
O Goberno galego enviou o director da Casa de Galicia en Madrid á xuntanza do organismo co que Wert pretende impulsar a tauromaquia e que non se reunía dende o primeiro Goberno de Aznar
O Colexio de Traballo Social, en alerta polas "privatizacións" que inclúe a reforma dos concellos
A entidade que representa os traballadores e traballadoras sociais subliña que o Goberno central vai provocar a eliminación de servizos á cidadanía. O BNG pídelle explicacións á Xunta polo recorte das axudas ás vítimas da violencia machista.
O Valedor pide a devolución do estafado coas preferentes e que a arbitraxe non dependa do banco
O alto comisionado reclama a devolución íntegra dos aforros das persoas enganadas e que a Fiscalía "explore a vía penal" contra os responsables da estafa. O BNG promove un cambio legal para elimitar as quitas.
Feijóo, seguro de que a xente "de ben" sabe que "non hai substancia" nas fotos co narco
O presidente insiste en que "non hai caso" nas súas imaxes con Marcial Dorado mentres a oposición subliña que non o acusa de feitos "delitivos", senón de tratarse cun narcotraficante nos anos máis duros da droga en Galicia