A oposición galega, de novo ante o "fume" do recorte ao Parlamento
PSdeG, AGE e BNG coinciden en sinalar que os conservadores tentan "agochar" a polémica das fotografías de Feijóo co narco Marcial Dorado e, de paso, aumentar a "distorsión" entre as votacións da cidadanía e o seu reflexo no Parlamento
O PP tenta que o Parlamento se centre en recortarse a si mesmo
En plena polémica polas fotos do presidente da Xunta co narco Marcial Dorado os conservadores recuperan o seu plan para reducir o número de escanos, que non xeraría aforro ningún ata 2016, incluído nunha reforma da lei electoral galega
Se non hai polbo en Mauritania, por que o pescan os chineses?
A CIG Mar amosa imaxes de barcos cefalopodeiros da China faenando no caladoiro mauritano, de onde foi expulsada a flota galega por teórica escaseza de recursos pesqueiros
O aeroporto de Vigo gasta 45.000 euros en alugar un coche oficial para a súa directora
Aena inicia os trámites para arrendar un automóbil que pode chegar a custarlle uns 8.900 euros anuais ás arcas públicas.
O PSdeG adía as primarias a setembro para evitar que Ferraz as vete
O secretario xeral dos socialistas asegura que o 21 de xullo o Comité Federal lle dará o visto e prace á renovación do liderado do partido en Galicia a través da votación da militancia e o Comité Nacional apóiao co 62% dos votos a favor e un 33% de abstencións.
As empresas de Marcial Dorado recibiron 157.000 euros dos gobernos de Fraga
A Xunta vén de facer pública a relación de axudas e contratos coas empresas do narco "nos últimos vinte anos" que solicitara AGE. En 1995, ano das fotos co presidente, encargoulle a construción dun barco auxiliar para a Consellería de Pesca.
Preferentes e desafiuzamentos disparan as queixas ao Valedor a niveis históricos
O alto comisionado subliña que unha soa queixa polos "engano" das antigas caixas está "asinada por 3.000 persoas" e advirte de que os "erros e vicios" da banca fan "inadmisible" que as entidades non "colaboren" para evitar desafiuzamentos
O Valedor marcha ás antípodas do PP e ve "liberdade de expresión" nos escraches
Jose Julio Fernández aproveita a presentación do informe anual da institución para realizar contundentes críticas á banca, que "provocou" a crise, e considerar "inadmisible" que se produzan desafiuzamentos "mentres hai un amplísimo parque de vivendas baleiras"
Pachi Vázquez, á procura dunha fórmula para ir ás primarias sen agardar por Ferraz
O líder dos socialistas galegos afronta o Comité Nacional deste venres dende a convicción de que a consulta á militanicia para renovar a secretaría xeral se poderá celebrar antes da reforma estatutaria do PSOE. Besteiro e Puentes, contrarios ao adiamento.
Feijóo di non amosar os contratos con Dorado porque a oposición non lle "deixa"
O presidente da Xunta asegura "non ter problema" en remitir ao Parlamento os contratos das empresas do narco co Goberno e afirma que non o fixo na sesión de control porque "non puiden proseguir" a causa da increpación de Beiras
A dirección do PSOE mantén o veto ás primarias do PSdeG ata o outono
O secretario de organización federal dos socialistas, Óscar López, asegura que o partido prevé un cambio de estatutos para permitir a renovación dos liderados en votación directa pero que a federación galega non pode adiantarse
Un escándalo electoral sacode o plan de México ao que Feijóo fía os investimentos en Galicia
As sospeitas de uso de programas de política social con fins electorais, denunciadas polo principal partido da oposición, provocan a suspensión das actividades públicas do Pacto por México e sementan a incerteza sobre o seu desenvolvemento