A igualdade no Parlamento, materia pendente unha lexislatura máis
A Cámara galega inicia unha nova lexislatura con maioría masculina e, malia á Lei de Igualdade, tres dos catro grupos parlamentarios quedan por baixo do 40% de mulleres na súa composición. O Estado español retrocede catorce postos no índice mundial de igualdade -infografía no interior-.
O PSdeG volve procurar a súa identidade nun clima de tensión crecente
Pachi Vázquez aposta por modular o proceso que desembocará na súa marcha en 2013 no medio dun fogo cruzado de esixencias de "renovación". Mentres, socialistas afastados da primeira liña dirixente reclaman "reflexión" e "construción dun proxecto" novo tras o "malísimo resultado" do 21-O.
O que Feijóo di que vai facer ata 2016
Debullamos o programa electoral co que o PP venceu nas eleccións do 21-O, no que se combinan principios xerais como "xerar emprego" con actuacións concretas que semellan difíciles de pór en práctica, caso da redución "a cero" do gasto da Xunta en alugueres
Rajoy viste os antidisturbios en El Corte Inglés
O Ministerio do Interior adxudícalle á cadea de centros comerciais un subministro de roupa para as unidades de intervención policial por 150.000 euros
As caras do último Parlamento galego con 75 deputados
O vindeiro 16 de novembro constitúese o Parlamento que aprobará o seu propio recorte, en virtude do incluído no programa do PP. Consulta no interior os deputados e deputadas que formarán o lexislativo da IX Lexislatura.
Pachi Vázquez pilotará o PSdeG ata o relevo da súa dirección en 2013
O Comité Nacional dos socialistas aprobará o 10 de novembro un calendario que desembocará nun congreso extraordinario, no que na formación se dá por feito que chegará a remuda na secretaría xeral
Un de cada cinco habitantes de Galicia vive na pobreza
Máis do 60% dos galegos e galegas declara dificultades para chegar a fin de mes e no 5% dos fogares recoñécense atrasos no pagamento de facturas ordinarias por problemas económicos
O PP urbano só tería a absoluta en Lugo e Santiago cos resultados do 21-O
Cinco das sete cidades poderían ter gobernos de coalicións de esquerdas tras unhas municipais cun escrutinio como das autonómicas. O PSdeG podería encabezar seis deses equipos e AGE, un.
Feijóo presenta a súa "limpa" vitoria como un aval a Rajoy
O líder popular evita a euforia tras sumar tres deputados e subliña que "non é habitual" que se produza un triunfo coma o do seu partido en plena crise
A hora da cidadanía: Galicia vota
Máis de dous millóns e medio de persoas están chamadas este domingo a configurar o Parlamento dos vindeiros catro anos nuns comicios que servirán de termómetro sobre os efectos da crise e dos recortes
O BNG chama a "concentrar o voto" para que o PP “perda a maioría que xa non ten na sociedade"
Jorquera pecha a carreira electoral nun intenso mitin marcado polas apelacións a apoiar a quen "ten o seu centro de decisión en Galiza"
O 68% dos concellos con bus da Xunta para ir votar son do PP
O Goberno galego fleta 82 autobuses, 165 microbuses, 9 taxis e 1 barco solicitados por 130 municipios a xeito de "transporte institucional" para acudir aos colexios electorais. A proporción de concellos conservadores é idéntica á porcentaxe de gobernos locais que dirixen en Galicia.