En campaña, prohibido inaugurar... pero non "achegarse"
Altos cargos da Xunta protagonizan numerosas visitas a espazos públicos dende a convocatoria electoral, evitando convocalas como inauguracións ou mostras de logros. Hernández reúnese en 20 días con 17 alcaldes, dos que só dous non son do PP.
Pachi Vázquez promete gravar as rendas altas: "se non pagan, non pintan moito aquí"
O candidato do PSdeG expón o seu programa nunha conferencia marcada pola detención do alcalde de Ourense
Fervenza de anuncios de investimentos da Xunta en Ourense a un mes das eleccións
O Goberno galego inza a súa xuntanza semanal de avances sobre proxectos municipios ourensáns tras meses de críticas no entorno do PP da provincia a conta da suposta "desatención" de Feijóo. Audio no interior.
Os debates electorais embarrancan por un partido do Celta
O PP négase a que Feijóo e Pachi Vázquez debatan o 5 de outubro e tenta situar nesa data o cara a cara entre Jorquera e o candidato socialista, ao que se opón o PSdeG
Feijóo bordea a lei electoral para solemnizar dous encargos de Pemex
O presidente e candidato á reelección gábase da "eficiencia" do seu Goberno no acto organizado pola Xunta para que a petroleira mexicana asinase dous contratos por outros tantos barcos, un para Navantia e outro para Barreras. Os sindicatos cren "unha boa noticia" calquera carga de traballo, pero advirten de "datos inflados" e acusan os políticos "de usar o naval como baza electoral".
Se quere votar nas eleccións galegas... percorra 3.200 quilómetros
Un grupo de estudantes galegos residentes temporalmente en Noruega, obrigados a percorrer unha enorme distancia se queren acceder á documentación que lles permita exercer o seu dereito ao sufraxio o 21-O
Beiras e Díaz, seguros de que Alternativa será a "chave" tras as eleccións
O líder de Anova asegura que a coalición "non se trabucará de inimigo" e cre "imbécil" a Feijóo por afirmar que, se o PP perde a maioría, en Galicia reinará o "desgoberno"
Benestar asina un "contrato" coas persoas dependentes que pode incumprir sen consecuencias
Benestar presenta a primeira carta de servizos da Lei da Dependencia, con prazos máximos para valoración e atención que, en caso de seren superados, só deixan lugar a unha "reclamación" que sirva de "tirón de orellas" para o Goberno galego
A Xunta remata por primeira vez unha lexislatura sen ningunha competencia nova
O Goberno de Feijóo é o primeiro da historia autonómica en non lograr traspasos de competencias
A Xunta leva ao límite o prazo para cesar os altos cargos que van nas listas do PP
Directivos do Goberno galego integrados nas candidaturas conservadoras desenvolveron actos oficiais durante tres días tras o Consello que os destituíu. A conselleira de Traballo, cabeza de lista na Coruña, denunciada na Xunta Electoral polo PSdeG.
Retranca contra o "trienio negro" para a educación en Galicia
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público leva ata San Caetano unha representación teatral da "realidade" do ensino no país caracterizada, denuncian, pola priorización da escola privada concertada e o recorte de "máis de 2.000 profesores e profesoras" dende 2009. Audio no interior.
Jorquera propón unha lei de consultas para que a cidadanía decida "cuestións cruciais"
O BNG aposta por actos de pequeno formato que implican diálogo directo entre o seu candidato á Xunta e a veciñanza de diversas poboacións do país