Beiras lanza ANova á procura de "alianzas" e da "independencia"
A asemblea nacional constituínte do Novo Proxecto Común comeza o camiño como forza política sen liderado orgánico unipersoal e agrupando militancia independente e membros do Encontro Irmandiño, a FPG e o MpB.
O PSdeG aposta pola fin das deputacións no canto de suprimir o 30% de edís
Pachi Vázquez lembra que o 80% dos concelleiros “non cobra” e reclama unha asemblea extraordinaria da FEGAMP para abordar a reforma local imposta polo Goberno central
A "fuxida" de Feijóo a Sudamérica en pleno recorte irrita a oposición
Pachi Vázquez e Francisco Jorquera censuran que o presidente da Xunta se "agoche" nun periplo no que detectan "electoralismo". Mentres, Feijóo continúa alternando a axenda económica cos encontros coa colectividade galega. Audio no interior.
Competencia investiga a industrias lácteas galegas por un posible pacto de prezos
A Comisión Nacional da Competencia inspecciona "asociacións e empresas" do sector leiteiro ante a sospeita de "fixación de condicións comerciais na compra dos seus aprovisionamentos de leite aos gandeiros"
Rajoy emula a Feijóo no recorte ás baixas por enfermidade do persoal público
O Goberno central rebaixa os complementos por incapacidade temporal das persoas que traballen ao servizo da Administración dun xeito case idéntico ao aplicado pola Xunta dende maio, aínda que menos rigoroso nos primeiros días de baixa
As farmacias galegas, obrigadas a dispensar medicamentos que descoñecen para aforrar
O Colexio de Farmacéuticos de Ourense diríxese á Axencia Española do Medicamento para alertar de que o novo sistema de prezos incorporado á receita electrónica os forza a subministrar fármacos dos que non teñen referencias e sen coñecemento dos médicos
O Estado abre a porta á permanencia de Ence na ría de Pontevedra
A reforma da Lei de Costas deixa a expensas dun informe da Xunta a posibilidade de que a celulosa non cambie de ubicación en 2018
O NPC bota a andar co reto de coordinar a diversidade
O Novo Proxecto Común pon este sábado en marcha unha organización nacionalista de afiliación individual con persoas procedentes de asembleas de diversos puntos do país entre as que figuran membros de grupos como o Encontro Irmandiño, a FPG ou o Movemento pola Base
Compromiso "confía" en celebrar o 25 de xullo co NPC
A plataforma auspiciada por Máis Galiza, Acción Galega e Ecosocialistas convida o Novo Proxecto Común a "coorganizar" os actos do Día da Patria, xornada que ve como o escenario propicio para "sumar" forzas
Novagalicia pide 6.000 millóns do rescate e confía en devolver o estafado nas preferentes
Os máximos dirixentes de NCG Banco manifestan "absoluta" certeza de que a entidade continuará en solitario malia aos rumores de poxa. Castellano e González-Bueno escenifican a petición de "perdón" e amósanse a prol da comisión de investigación sobre as antigas caixas.
O PP volve rexeitar e prometer a investigación sobre as caixas en xullo
O voceiro parlamentario dos conservadores, Pedro Puy, ista o BNG a non "chorimicar" ante as reclamacións dos nacionalistas de dotar a Cámara dun funcionamento "normal" durante o mes de xullo
A enésima tesoirada social cébase nas persoas en paro ou con dependencia
Rajoy xustifica na necesidade de "incentivar" a busca de traballo a tesoirada ao seguro de desemprego mentres o seu Goberno inza de atrancos o camiño para acceder ás prestacións da Lei de Dependencia