O Igape deulle a Dorribo, coa axuda de Cobián, un crédito de 3 millóns apoiado en facturas falsas
A xuíza San José reclamou en xuño de 2011 a detención do ex deputado do PP ao ter "múltiples indicios" da súa presunta implicación na comisión de delitos de "prevaricación, tráfico de influencias e suborno", ao influír en cargos do Igape para, supostamente a cambio de cartos, lograr axudas para Nupel
O grupo de +G que quere marchar do BNG , disposto á "unidade nacionalista" nas eleccións
O colectivo encabezado por Xoán Bascuas, que defenderá este domingo a proposta de resolución para que Máis Galiza deixe o Bloque, apoia a súa decisión en que a formación frontista "escolleu o esquerdismo e o soberanismo"
Fernando Blanco nega que Dorribo lle pagase e achega documentos para rebater as "inxurias"
Os avogados do ex conselleiro de Industria pedirán ante o xulgado que instrúe o caso 'Campeón' o arquivo da súa imputación e subliñan que as acusacións contra o nacionalista se basean só nas declaracións do presunto líder da trama, xa que non hai "ningunha proba" no sumario contra el
Feijóo advirte de que usar o seu nome "en van" no caso 'Campeón' equivale a un proceso xudicial
O presidente da Xunta reclama "explicacións" ás forzas políticas que, di, "non tomaron" as "decisións contundentes" que, afirma, si asumiu a Xunta mesmo "antes de coñecer o sumario" do caso 'Campeón'
Aduanas vixiou dentro da Xunta o encontro de Cobián e un socio de Dorribo con Agustín Hernández
O ex deputado Pablo Cobián organizou, segundo a investigación do caso Campeón, unha xuntanza en San Caetano con Carlos Monjero, propietario dunha das empresas da trama, co conselleiro de Infraestruturas. O seu obxectivo sería "interceder" na concesión de obras públicas.
Bascuas optará a liderar Máis Galiza se o novo partido marcha do BNG
O actual secretario de Imaxe e Publicacións do Bloque coida que a maioría da corrente actualmente dirixida por Carlos Aymerich "vai optar por saír" na súa asemblea do día 11, na que poderán participar os militantes de +G que xa se deron de baixa na formación frontista
O PP veta un día de Rosalía no ensino: "cando a louvanza é grande, ata o santo desconfía"
Os conservadores rexeitan a proposta do BNG, apoiada polo PSdeG, para dedicar o 24 de febreiro de cada ano a lembrar á poeta nas aulas. En opinión dos populares, abondaría realizar "actividades de conmemoración" no Día Internacional da Poesía porque na escola non hai ningunha data dedicada a "persoas concretas"
Feijóo culpa o bipartito das preferentes das caixas, emitidas dende 2003
O presidente da Xunta fai responsable do 'corralito' de Novagalicia Banco ao goberno de PSdeG e BNG. A preguntas de Pachi Vázquez, asegura que as participacións preferentes "son da súa época", aínda que foron lanzadas con Fraga no Executivo e remataron en 2011.
O PP nega no Parlamento cinco privatizacións de escolas, tres delas xa contratadas
A voceira do PP en materia de servizos sociais asegura que "non hai ningunha privatización" de centros da 'Galiña azul', aínda que o Consorcio vén de outorgar a xestión de tres delas á unha fundación que a CIG liga co Opus Dei e dúas máis están pendentes de adxudicar
Sogama vai gastar ata 9.000 euros ao mes en manter os seus xardíns
A Sociedade Galega de Medio Ambiente inicia os trámites para contratar un servizo de xardinaría para o seu complexo de Cerceda por máis de medio millón de euros.
Lingua e identidade: un consenso escachado no nome do "equilibrio"
A bandeira da "imposición lingüística" axitada por Feijóo durante a campaña electoral derivou en grandes mobilizacións contra o chamado decreto do plurilingüismo, que reduce a presenza do galego nas aulas e que actualmente é aplicado sen excesivos controis
O BNG propón unha lei para aforrar 100 millóns sen recortar aos empregados públicos
Os nacionalistas defenderán no Parlamento un texto legal "alternativo" para substituír as rebaixas ao persoal da Xunta por, entre outras medidas, reducións de publicidade institucional, uso do software libre ou un novo treito do IRPF para quen gañe máis de 100.000 euros ao ano.