"Desmobilización" para rexeitar os prezos abusivos da AP-9
Un colectivo creado a través de internet aspira a que este martes 10.000 vehículos deixen de empregar a Autoestrada do Atlántico para esixir rebaixas nas tarifas das peaxes
O Consorcio de Benestar que Feijóo quixo pechar remata a lexislatura con 1.400 traballadores
A entidade que xestiona escolas infantís e centros de maiores, coa súa disolución aprobada dende hai dous anos, continúa a funcionar sen convenio colectivo para o seu persoal e coa integración na Axencia de Servizos Sociais paralizada
Mulleres, labregas e "decididas a loitar"
O Sindicato Labrego Galego pecha o seu encontro anual de mulleres cun berro contra a volta aos tempos "da beneficencia" e a prol do traballo agrario e gandeiro en condicións dignas
O búmeran de Feijóo, sal nas feridas de PSdeG e BNG
O líder conservador aférrase aos argumentos de campaña de socialistas e nacionalistas, en plena reflexión interna, para dar por "avaladas" as "políticas do PP en Madrid". Audio no interior.
Wert, deputado por 'La Coruña' preocupado polos "programas de horror"
O ministro de educación representou no Congreso dos Deputados á Agrupación de la Democracia Cristiana entre 1986 e 1987, etapa na que participou na comisión de control de Radio Televisión Española
Guillerme Vázquez deixará de liderar o BNG tras a "reflexión" da derrota electoral
O líder nacionalista asegura que "non son tempos de abandonar" pero coida que "o novo proxecto" do Bloque debe ser encabezado por "outra persoa". Vídeo no interior.
O verán e a dependencia de Povisa disparan a agarda no Sergas ata preto dos 100 días
A espera cirúrxica media acada os 98 días en Galicia, dezaoito máis que en xuño e 38 máis dos que a Xunta asegura que garantirá por lei
Os pulmóns do naval galego, líderes do paro urbano
Vigo e Ferrol encabezan os rexistros de desemprego das cidades galegas mentres que A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo conseguiron rebaixalo levemente nos últimos meses
Luz verde ao despedimento colectivo de persoal laboral das administracións
O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que desenvolve a reforma laboral para permitir, entre outros aspectos, a aplicación de expedientes de regulación de emprego sen necesidade de autorización das autoridades laborais
O PSdeG, "seguro" de que o desprazamento de facturas da Xunta falseou o déficit
Os socialistas calculan que o traslado de 400 millóns en pagamentos de 2010 a 2011 tería un impacto de arredor de oito décimas no déficit e esixen coñecer se a "enxeñaría contable" se repetiu entre 2011 e 2012
Despois da batalla: que pasou nas eleccións galegas?
Analizamos coa axuda de expertos en comunicación, estratexia e análise electoral e política as tácticas, erros e acertos en campaña das formacións que comporán o próximo Parlamento de Galicia
O ex alcalde de Boqueixón non cobrará como edil sen funcións porque é "polémico"
Adolfo Gacio (PP), imputado no caso Pokémon, ía percibir 21.000 euros ano como membro da corporación malia non ter ningunha área de goberno asignada. Audio no interior.