PSdeG e BNG, seguros de que Rajoy recortará as pensións tras as eleccións galegas
Pachi Vázquez coida que o 21-O será tamén un referendo para o Goberno central e Francisco Jorquera cre que Galicia "ten a oportunidade" de que a Xunta se converta "nun dique" contra as tesoiradas
Feijóo pedirá o voto en Sudamérica a semana que vén
O PP da Arxentina convoca un mitin do presidente da Xunta e candidato á reelección para o vindeiro día 15 en Bos Aires
A Xunta pecha mandato sen darlle á oposición sete de cada dez documentos que lle pediu
O PP coida que a lexislatura que remata foi "moi intensa e produtiva" e gábase de que o Goberno de Feijóo respondeu máis preguntas "que ningún outro" na historia autonómica
Galicia, sitio distinto tamén para os debates electorais
O intercambio público de ideas entre candidatos á Xunta ten moitas posibilidades de regresar na campaña do 21-O, dezanove anos despois do primeiro e único, que sentou á mesma mesa a Fraga e ao socialista Sánchez Presedo. A posibilidade dun debate a tres bandas, principal incógnita.
A Xunta asume o argumentario de Rajoy para defender a suba do IVE
O Goberno galego xustifica o incremento do imposto do valor engadido polo carácter "extraordinario" da situación económica e gábase ao tempo de "non subir impostos"
O censo emigrante volve subir e xa é o 17% do electorado para o 21-O
Case 400.000 "residentes ausentes" poden participar nas vindeiras eleccións galegas. O PP xa prevé unha visita de Feijóo á emigración para pedir o voto e o PSdeG valora a posibilidade de que Pachi Vázquez tamén viaxe.
O PSdeG pídelle a Feijóo iniciar a campaña cun debate "sen condicións"
Os socialistas activan o seu comité electoral mentres o PP recupera a imaxe de Zapatero para presentar a estratexia da súa organización xuvenil para os comicios
A Xunta Electoral ordena retirar os anuncios do Goberno galego que denunciou o BNG
O Goberno galego non poderá seguir difundindo a campaña Paisaxe galega, unha tarefa de todos. A Lei de Publicidade Institucional que o PP vía "urxente" ao comezar o mandato nin sequera chegou a entrar no Parlamento, onde quedara sen aprobar na lexislatura do bipartito.
O PSdeG cre que a suba da AP-9 "empobrece" Galicia, a Xunta culpa a Zapatero
Os socialistas lembran que Aznar "prorrogou a concesión" da Autoestrada do Atlántico "cando xa estaba amortizada", o BNG coincide en que a suba de tarifas supón "un atraco" e o Goberno galego asegura que o incremento é consecuencia da "herdanza recibida" do Goberno central do PSOE
Recorte do Parlamento: vale por unha exposición no Gaiás
O aforro que suporá a redución de escanos equivale, ademais de a unha redución de salarios do 20% na propia Cámara, ao custo da mostra que actualmente acolle a Cidade da Cultura ou a campañas publicitarias de varias consellerías
O PP alega agora que reduce o Parlamento para pagar gardarías
Pachi Vázquez ve o comportamento de Feijóo "totalitario" e propio da "extrema dereita" . Guillerme Vázquez anticipa que o BNG "non participará desta farsa democrática" e reta os conservadores a modificar a lei electoral en profundidade, cunha circunscrición única e rebaixando do 5% ao 3% a barreira para obter representación
Os concellos do BNG pagaranlle a paga extra de Nadal ao seu persoal
Guillerme Vázquez anuncia que "alí onde dependa" do Bloque os traballadores e traballadoras das institucións locais non sufrirán o recorte salarial ditaminado polo Goberno central. Audio no interior.