Viaxar pola AP-9 é un 7,5% máis caro dende este domingo
O Ministerio de Fomento anula unha subvención vixente dende 1999 e dispara os prezos da Autoestrada do Atlántico, que xa subiron un 3% no inicio do ano e que volverán incrementar co novo IVE dende setembro
A Xunta só respondeu nove preguntas da oposición no que vai de xullo
PSdeG e BNG, que reclamaron que o Parlamento funcionase con normalidade no período inhábil, cuestionaron o Goberno sobre máis de setenta asuntos
O PP di agora que na redución do Parlamento importa o "simbolismo" máis que os cartos
O voceiro popular na Cámara mantén que a súa proposta será recortar deputados sen alterar o resto da lei electoral. O PSdeG ratifica o seu "rexeitamento radical" ao que considera un "golpe de Estado" e o BNG reitera que Feijóo tenta "un pucheirazo" ante o temor a "non gañar de xeito democrático". Audios no interior
Baixar un 20% o soldo dos deputados aforraría o mesmo que reducir o Parlamento
Unha redución media duns 1.000 euros ao mes nos salarios parlamentarios provocaría un aforro de arredor dun millón ao ano, o mesmo que traerá consigo o recorte de escanos que o PP pretende aprobar antes das vindeiras eleccións
O tempo de espera por unha operación no Sergas sobe un 20% en tres anos
Os doentes galegos agardan unha media de 80,3 días para seren intervidos, segundo as estatísticas oficiais nas que o hospital vigués Povisa segue a ser o gran lastre
A natureza baila Antrospinos
A parroquia rianxeira de Taragoña celebra dende este venres a quinta edición do seu festival, no que a festa rachada e a música se combinan coa aposta por reforestar o monte con árbores autóctonas
Feijóo, disposto a recortar o Parlamento só cos votos do PP
O presidente da Xunta advirte de que o consenso non lle é imprescindible para reducir o número de escanos e evita valorar alternativas como a redución de salarios. Audio no interior
Feijóo gábase de recortar menos ca outras autonomías ao entregar as Medallas de Galicia
O presidente realiza unha inédita chamada ao "ben común" fronte ao "individualismo" que, di, está na orixe da crise, no único acto do Goberno galego no Día Nacional de Galicia
O BNG en pleno reivindícase como "casa común dos nacionalistas"
O Bloque supera o reto do primeiro Día da Patria tras as marchas de grupos internos e xunta milleiros de persoas en Compostela con Francisco Jorquera e Guillerme Vázquez como coprotagonistas da xornada
"A festa maior dos galegos"
Dende hai máis de 90 anos o 25 de Xullo é data de celebración e reivindicación en Galicia. O que dende 1979 é Día Nacional foi evocado polas Irmandades da Fala como unha xornada de "autoafirmación" e por Castelao como a "festa maior" do país
PSdeG e BNG ven "amaño" electoral e "golpismo" no afán do PP por reducir o Parlamento
Os socialistas coidan que Feijóo tenta "perpetuar" unha maioría absoluta que non lograría nas urnas e os nacionalistas alertan do intento de "trucar" as regras de xogo, algo "impropio dun partido que se di demócrata"
Jorquera chama ante Rosalía e Castelao a "construír" o país "tras o paso de Feijóo"
O candidato do BNG á Xunta apela á "rebeldía" e o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, aposta por continuar a "loita permanente" de Rosalía a prol dos dereitos das mulleres