A Xunta ve na "interesante" mina de ouro de Corcoesto unha "grande oportunidade"
O conselleiro de Industria defende a instalación da polémica explotación mineira que unha empresa canadiana prevé en Cabana de Bergantiños e rexeita recibir "leccións" de respecto ao medioambiente do BNG, que cuestionou no Parlamento a seguridade da instalación
Educación culmina a reforma que lle impón ao profesorado labores de coidador
A Xunta aplica a modificación da xornada dos e das docentes que pon en risco as interinidades e actividades como as aulas de reforzo
Ter un accidente no mar xa ten prezo: ata 2.200 euros por hora
A Xunta bota a andar o decreto que establece o cobramento por actuacións de gardacostas e salvamento marítimo. Os rescate só serán de balde en escasas excepcións.
Feijóo reparte culpas ante a esixencia de investigar xa Novagalicia Banco
O presidente aférrase á esixencia de responsabilidades ao bipartito e ao Goberno de Zapatero mentres o PSdeG lle reclama un "pacto" para que NCG Banco teña o mesmo trato que Bankia e o BNG, a instauración da banca pública galega, nun bronco pleno a conta do rescate
Novo veto do PP a investigar a xestión das antigas caixas galegas
Os conservadores galegos aseguran que estarán "dispostos" a investigar as antigas Caixa Galicia e Caixanova e a súa resultante, Novacaixagalicia, cando Novagalicia Banco estea "capitalizada" nun debate marcado polo rescate
Os bancos seguirán diante de sanidade e ensino cando o orzamento galego medre
O PP rexeita a proposición de lei do PSdeG para "blindar os servizos públicos" porque suporía modificar a Lei de Disciplina, que implica dedicar o posible superávit das contas da Xunta a pagar débeda antes que a investimentos
López Veiga declara "admiración xenuína" por Feijóo tras elixilo para o Senado
O ex conselleiro de Pesca e antigo rival do presidente da Xunta polo liderado do PPdeG substitúe a Romay Beccaría como senador por designación autonómica no escano antes ocupado por Fraga
O Parlamento nin tramitará a lei da dación en pagamento ao crer o PP que "non procede"
Os votos dos conservadores botan por terra a proposición lexislativa do BNG, apoiada polo PSdeG, ao ver suficiente o código de boas prácticas para os bancos impulsado polo Goberno central
Un grolo "senlleiro" para Os da Ría máis "díscolos"
O grupo encabezado por Arturito Puy e Fabián Santomé, alter egos de Carlos Meixide e Tomas Lijó, decide lanzarse á aventura do crowfunding para gravar o seu primeiro disco, con compensacións para os colaboradores que van dende unha entrada ata un viño moi especial
O barrio que morre pola marcha do hospital
O anuncio de derrubamento de parte do antigo Hospital Xeral de Lugo escurece máis o futuro socieconómico do barrio lugués da Residencia. O Goberno galego prometera diversos equipamentos para os vellos edificios e o PP da cidade propuxo en campaña transformalos nunha comisaría.
Feijóo ve máis preto "un futuro propio" para NCG mentres a oposición teima nun banco público
A Xunta e o PP cren que o rescate é "unha magnífica noticia" para Novagalicia e rexeitan a creación dunha entidade pública, unha petición de BNG e EU á que se une agora o PSdeG.
O rescate só aplaca os mercados durante media mañá
A prima de risco española supera os 500 puntos mentres a UE e Alemaña botan por terra a versión de Rajoy, constatando que unha troika controlará a aplicación do rescate bancario e o seu impacto no déficit. O PSdeG censura que Feijóo permaneza "desaparecido" e o BNG esixe un referendo.