Educación dixo en 2009 que o galego era maioritario nas aulas malia detectar o contrario
Jesús Vázquez afirmaba, tras aprobar o "decreto do plurilingüismo", que en "máis do 60%" dos centros de ensino a lingua galega primaba sobre a castelá. A Consellería recoñece agora que sabía que o idioma propio era "minoritario" entre o alumnado.
Os asinantes de Gernika achegan a Galicia o seu plan de "paz duradeira" para Euskadi
Representantes da plataforma que agrupa partidos, sindicatos e colectivos sociais vascos explícanlle ao BNG, a Compromiso por Galicia e ao Encontro Irmandiño a súa aposta por unha "non violencia con garantías". Guillerme Vázquez cre "incomprensíbel" que Otegi siga no cárcere e reclama a fin da Lei de Partidos.
A Xunta admite que iniciou o mandato cunha "situación moi desfavorable" do galego no ensino
O Goberno galego recoñece que ao inicio da lexislatura observou un uso "minoritario" da lingua propia no alumnado da maioría dos centros educativos do país, contexto no que aplicou o chamado decreto do plurilingüismo
A Xunta di ter aforrado co recorte ás baixas do seu persoal antes de que entrase en vigor
O director xeral da Función Pública afirma que, "no primeiro trimestre" do ano, a Administración galega deixou de gastar case 4 millóns grazas a unha medida que non se aplicou ata maio
Pachi Vázquez achégase máis ao cartel electoral do PSdeG
Medran as posibilidades de que o secretario xeral dos socialistas aspire á Presidencia da Xunta sen ter opoñentes nas eleccións primarias
O BNG procura un acordo galego a prol da dación en pagamento
Os nacionalistas defenderán no pleno do Parlamento unha proposición de lei para remitir ao Congreso dos Deputados co obxectivo de que unha débeda hipotecaria se poida saldar coa entrega da vivenda
A Xunta 'vende' no Día do Medio Ambiente a lei que minora a protección contra o lume
Medio Rural gábase da nova Lei de Montes, a piques de ser aprobada e na que colectivos agrarios e ecoloxistas ven unha vía para "privatizar" o monte. O PSdeG aposta por acadar un "acordo polo monte galego" antes do momento "máis crítico" dos incendios forestais
Baltar revoluciónalle o debate territorial a Feijóo
A aposta do presidente ourensán por unha reforma electoral e competencial para reforzar as deputacións obriga a dirección do PPdeG a facer equilibrios para encaixala no seu discurso e dálle folgos a PSdeG e BNG para cuestionar, respectivamente, o modelo e a supervivencia das institucións provinciais
A Xunta cre que só o "localismo" cuestiona manter os tres aeroportos
O director xeral de Mobilidade obvia os datos de tráfico aéreo e as orientacións de Aena, destinadas a minimizar os aeródromos menos rendibles, e asegura que é "unha oportunidade" contar con tres aeroportos con pouca distancia entre eles
Contra a incineración de lixo, por lei
Asociacións cidadás e colectivos ecoloxistas rexistran no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para propiciar un cambio "radical" no tratamento dos residuos, dándolle prioridade á reciclaxe e á reutilización sobre a queima
Baltar pide unha reforma electoral e o PSdeG suxírelle que antes free o "nepotismo"
O presidente da Deputación de Ourense reclama que as corporacións provinciais se elixan nas urnas ao mesmo tempo que os concellos e Pachi Vázquez coida que non ten "dereito a falar" de reformas das institucións mentres a súa sexa "un niño de enchufismo"
O CES insta á Xunta a non atribuírlles ás ONG as súas obrigas en integración social
O Consello Económico e Social cre que a Consellería de Benestar tenta, cunha nova lei, trasladarlles ás entidades non gobernamentais parte das funcións que lle corresponden ao Executivo galego