Piscifactorías sen límites, tamén en Rede Natura e aínda que causen danos
A Xunta ratifica a súa aposta por non vetar ningún punto da costa galega para a instalación de piscifactorías, mesmo "afectando valores ambientais" en espazos protexidos
Segue o suicidio demográfico: Galicia mingua e envellece
O país perdeu máis de 11.500 habitantes no último ano e sumou nunha década 50.000 persoas maiores de 65 anos
"A reforma sanitaria pode custar vidas"
Cinco organizacións non gobernamentais xuntan case 60.000 sinaturas para esixir que o recorte sanitario garanta as prestacións dos servizos de saúde para toda a poboación, tamén para as persoas inmigrantes, exclusión que, advirten, contradí tratados internacionais asinados polo Goberno español
A Mesa anima a que a rúa dedicada ao Deportivo non estea en 'La Coruña'
O colectivo en defensa da lingua parabeniza o club coruñés pola posible concesión do nome dun espazo urbano na Coruña e dirixirase á Federación de Peñas para que aposten por que inclúa o topónimo oficial da cidade
As deputacións galegas gastan 13 millóns ao ano en órganos de goberno
Os organismos provinciais, que o Goberno central aposta por potenciar, apenas reduciron os gastos dos seus centros directivos malia á crise económica e dedican ao persoal unha media do 29% dos seus orzamentos
Sogama pagará ata 1.400 euros ao mes por dous novos coches
A Sociedade Galega do Medio Ambiente inclúe dúas berlinas de alta cilindrada nun contrato co que tamén alugará vehículos de tipo profesional, como furgonetas ou pequenos turismos
A oposición galega chama a rexeitar na rúa os "ataques" de Rajoy
Jorquera formaliza a petición dun referendo sobre as medidas do Goberno central por non estar contempladas no programa electoral do PP
Se saio ao estranxeiro... quítanme o paro?
O cóctel formado polo paquete de recortes do Goberno central e as redes sociais sementa a confusión entre as persoas preceptoras do subsidio de desemprego a respecto das novas restricións, que existen pero só afectan a casos moi concretos
As obras do AVE arrasan castiñeiros protexidos no Macizo Central
A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que os traballos de construción do treito Vilariño-Cerdedelo están a extenderse alén da zona prevista na declaración de impacto ambiental, levando por diante especies vexetais centenarias, unha delas incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta
Vilaxoán prepara as brasas para as Revenidas máis solidarias
O festival Revenidas volve encher de música a ría de Arousa os vindeiros días 20 e 21, combinando de novo gastronomía e música e, desta volta, cun ollo posto no Sáhara
Rajoy oculta o que prevé recadar cos recortes pero revélallo á prensa internacional
O Goberno español remitiulle un comunicado aos medios estranxeiros concretando, por exemplo, que prevé recadar 22.100 millóns de euros coa suba do IVE ou o montante exacto da tesoirada na Lei de Dependencia ou que aínda terá que aplicar un novo recorte de máis de 8.000 millóns
Beiras lanza ANova á procura de "alianzas" e da "independencia"
A asemblea nacional constituínte do Novo Proxecto Común comeza o camiño como forza política sen liderado orgánico unipersoal e agrupando militancia independente e membros do Encontro Irmandiño, a FPG e o MpB.