A posible nova "alianza" política galega calibra a súa anchura
Formacións de nova creación, grupos escindidos do BNG e militantes individuais cunha "visión afín do país" contactan de xeito informal dende hai semanas á procura dun espazo "flexible" para confluíren.
O Estado sancionará os dirixentes autonómicos que non dediquen o superávit a pagarlles aos bancos
O Goberno central inicia os trámites da primeira Lei de Transparencia con rango estatal, con penas de inhabilitación de ata dez anos para os gobernantes que "malgasten". As autonomías terán que facer público contratos, convenios e salarios e outros datos que a Xunta xa amosa dende 2006. As medidas de transparencia no afectan, en ningún caso, á Casa Real.
Feijóo só compareceu de xeito voluntario no Parlamento para falar sobre Zapatero
O presidente non comparece por petición propia na Cámara dende 2010. O PP rexeitou trinta e unha solicitudes de explicacións da oposición ao xefe do Executivo dende o comezo da lexislatura.
O PP evita que o Consello de Contas analice os recortes sociais da Xunta
Os conservadores tomban unha recomendación nacionalista para que o organismo fiscalizador elabore un informe na redución de fondos para servizos públicos. Unanimidade de populares, socialistas e nacionalistas para fiscalizar a administración paralela e os contratos 'a dedo'.
Tesoirada parcial da Xunta aos directivos mellor pagados das empresas públicas
Só os máximos responsables de Sogama e da CRTVG terán un salario fixo igual ao do presidente da Xunta. Os demais altos cargos das empresas públicas pasarán a percibir soldos semellantes aos conselleiros ou directores xerais, en función da dimensión do organismo que dirixan.
Alcoa recibirá 850.000 euros da Consellería de Industria en pleno ERE
O Goberno galego financiará o 55% do proxecto de gasificación da factoría da multinacional estadounidense na Coruña mentres os traballadores se mobilizan contra a regulación de emprego que comezará en abril. Segundo o cadro de persoal, a situación da factoría é "crítica" pola falta dun contrato enerxético. Audio no interior.
Conde Roa retíralle a axuda ao Correlingua e tratarao como unha manifestación
O Concello de Santiago non colaborará "de ningún modo" coa carreira a prol do galego destinada a escolares e unha asociación contraria ás medidas de normalización da lingua propia de Galicia dá por feito que o consistorio coruñés tampouco o fará.
Feijóo admite que non abonda con adiantar axudas á gandaría para paliar a seca
O presidente da Xunta traslada ao Estado e á UE a responsabilidade de activar "máis resortes" contra a escaseza de chuvia. Mentres o titular do Goberno plantaba unha árbore na Cidade da Cultura, Verdegaia esíxelle "unha política forestal que defenda o bosque galego"
Irmandiños, Máis Galiza e Ecogaleguistas téndense as mans para "construír algo novo"
Beiras, Bascuas e Dios escenifican nun coloquio ante estudantes a vontade de pór en marcha unha nova "ferramenta" política "de base ampla" coas vindeiras eleccións galegas como primeiro horizonte e coa "esquerda" e a consideración "nacional " de Galicia como base.
Feijóo non explicará no Parlamento a reunión con Rajoy porque "gañou" o Debate da Autonomía
O PP evita que o presidente fale na Cámara da súa visita á Moncloa argumentando que xa "estivo" un día antes no debate de política xeral.
Os deputados do BNG irán á folga xeral e os do PSdeG terán "liberdade" para facelo
Os parlamentarios nacionalistas reclamaranlle á presidenta da Cámara que lles rebaixe no seu salario a cantidade equivalente á xornada de paro xeral. O voceiro do PP, Pedro Puy, "respecta" o apoio ás mobilizacións pero sinala que os deputados non son "traballadores normais".
O Sergas defende gastar ata 2 millóns en anuncios sobre xenéricos porque "informan"
A Consellería de Sanidade xustifica a contratación dunha campaña publicitaria licitada en 1,2 millóns e cun "valor estimado" de 2,2, a piques de ser contratada definitivamente.