O PP abre a porta ao copagamento na Xustiza e a oposición pide impostos para rendas altas
Os conservadores recollen nas súas propostas de resolución do debate de política xeral o groso do discurso de Feijóo. Socialistas e nacionalistas coinciden en reclamar unha fiscalidade "máis progresiva", vetar as privatizacións na sanidade e investigar o acontecido nas antigas caixas.
Os alcaldes de Oza e Cesuras reducen a "intencións" a fusión que Feijóo deu por feita
O presidente da Xunta tenta situarse como referencia dun "novo mapa municipal" do Estado e os rexedores sinalan que a unión "se deu por feita" a causa do discurso de Feijóo ante o Parlamento, pero "estamos no inicio".
Feijóo pecha a lexislatura atrincheirado na "austeridade" e na crítica á oposición
O presidente tenta capitalizar o debate de política xeral co anuncio da fusión de dous concellos e a proposta dunha baixada do IRPF para quen inicie unha actividade empresarial. Pachi Vázquez reclama subirlles os impostos ás rendas altas e insta o líder popular a "deixar paso" se "non é quen de gobernar", Ana Pontón coida que "moitos galegos" xa lle están "asinando o finiquito" ao xefe do Goberno.
Feijóo sepulta baixo unha fusión municipal o último debate da lexislatura
O presidente da Xunta tenta capitalizar o pleno de política xeral co acordo de unión de dous concellos coruñeses, que se concretará este mércores, nun discurso co único anuncio da supresión dos vicevaledores do Pobo e do Consello Económico e Social.
Educación dille ao alumnado da ESO que o abandono do monte é a única causa dos incendios
O departamento que dirixe Jesús Vázquez empregou os datos de lumes do último goberno de Fraga e do bipartito para realizar unha proba sobre as competencias do estudantado do secundo curso de Secundaria na área de coñecemento do medio. O estudo revela ademais que os recursos económicos son determinantes no rendemento escolar.
Feijóo afronta o último debate de política xeral da lexislatura aferrado ao control do déficit
PSdeG e BNG centrarán as súas intervencións no coñecido como Debate do Estado da Autonomía no "recorte dos servizos públicos" e no incremento do desemprego. O presidente podería anunciar novas medidas en materia de "austeridade".
A xuíza San José imputa a Orozco por prevaricación baseándose nas declaracións de Dorribo
O presunto líder da trama corrupta asegurou que a súa empresa, Laboratorios Nupel, patrocinou a festa do Arde Lucus e un programa de promoción da Muralla a cambio de favores urbanísticos nas obras dunha nave industrial. O alcalde de Lugo, que xa o denunciou por inxurias e calumnias, di "non saber que fixen" para ser imputado.
A Xunta rematou 2011 sen darlle á oposición o 76% dos documentos que lle pediu
PSdeG e BNG realizaron a través do Parlamento 272 peticións de papeis oficiais e en decembro só culminaran 66. O PP presentou catro peticións e respondéronlle unha.
O congreso de Máis Galiza deixa a porta aberta ao cambio de siglas
A Asemblea Nacional de +G decide, por 316 votos a favor, 133 en contra e 8 abstencións, o abandono do Bloque. Carlos Aymerich permanece na formación frontista ao considerala "a mellor ferramenta para transformar o país". Galería de imaxes, audio e vídeo no interior.
Vázquez inicia o voo en solitario á fronte do PSdeG cunha Executiva á medida
O secretario xeral dos socialistas anuncia ante Rubalcaba a súa intención de "entrevistarse coas outras formacións da esquerda galega" e o líder do PSOE chámao a derrotar a un Feijóo que pasou de "fero tigre a gatiño que ronronea nos salóns da Moncloa". Galería de imaxes no interior.
Pachi Vázquez resiste e gaña o congreso do PSdeG por 33 votos
O líder socialista imponse no Congreso Nacional por 245 votos fronte aos 212 de Elena Espinosa. Garante "integración" na Executiva e asegura que non haberá "sectarismo nin resentimento" na nova dirección dun PSdeG "sen tutelas". Galería de imaxes no interior
Vázquez e Espinosa piden o apoio do PSdeG para enfrontarse ao "fatalismo" de Feijóo
Os delegados socialistas votan para elixir secretaria ou secretario xeral tras unha sesión na que o candidato á reelección optou polo ton institucional e a ex ministra, por tentar explicitar contradicións nas propostas do seu rival.