O PP frea a última hora a elección do novo senador galego
Os conservadores evitan celebrar o pleno que eles mesmos propiciaran para escoller o substituto de José Manuel Romay Beccaría na Cámara Alta. O PSdeG esixe unha reunión urxente da Xunta de Portavoces do Parlamento para obter explicacións do sucedido.
Informáticos 'de garda' para o Consello da Xunta
A Axencia de Modernización inicia os trámites para adxudicar o soporte técnico dos Centros de Inclusión Tecnolóxica e inclúe no contrato a asistencia informática aos membros do Goberno durante a súa reunión semanal
O 'cumio' de Feijóo coas deputacións e as cidades fai un ano no conxelador
O presidente da Xunta prometeu reunirse cos presidentes provinciais e alcaldes urbanos tras as eleccións municipais. Tras un ano de tensións con varias das institucións locais e provinciais, a xuntanza segue pendente.
O amor pola lingua asolaga Compostela
Milleiros de persoas secundan a manifestación de Queremos Galego "contra os ataques" ao idioma e fan rebordar a Praza da Quintana. Galería de imaxes no interior
Feijóo pide un galego "que non separe", a oposición ínstao a cumprir a lei
O presidente erixe a lingua galega nunha "autovía" no Panteón de Galegos Ilustres. PSdeG e BNG apostan polo cumprimento das leis e normas vixentes en materia de protección do idioma.
A lingua galega fai dous anos exiliada das ciencias na escola
A aplicación do denominado decreto do plurilingüismo desplomou a presenza da lingua propia nas aulas, pasando de máis do 50% a apenas o 20% no conxunto do ensino e mesmo a desaparecer en Educación Infantil.
Os concellos galegos rebélanse contra as fusións
A Fegamp difunde un manifesto a prol da "autonomía municipal" e arrefría os plans expostos por Feijóo co anuncio da integración de Oza dos Ríos e Cesuras
A Xustiza tomba os atrancos do Concello de Santiago á manifestación de Queremos Galego
Un xulgado de Compostela frea o veto do goberno local e permítelle á plataforma en defensa da lingua empregar un palco e megafonía no remate da marcha do Día das Letras.
O ex Valedor despídese con reproches ao Parlamento por debater a súa marcha
Benigno López acusa "os grupos parlamentarios" de procurar "que pregase o meu discurso ás súas necesidades" e subliña que, "terxiversacións aparte, dixen o que dixen, pénsoo e mantéñoo"
Máis Galiza, Acción Galega e EcoGal pechan un acordo "político e programático"
Tres dos catro colectivos do 'novo proxecto común' pechan un primeiro documento mentres "continúa o proceso cara á constitución dun novo proxecto político e electoral" no que tamén segue inmerso o Encontro Irmandiño
Ao 15M multiplícanselle os 'amigos' no Parlamento
No primeiro aniversario do inicio das mobilizacións a oposición galega observa o movemento como unha "xusta indignación" e "chamada de atención aos partidos". O PP afirma agora que xa levou á práctica algunhas das súas reivindicacións
O Valedor do Pobo presenta a dimisión
Benigno López deixa o seu cargo horas despois de que o PP vetase senllas iniciativas de PSdeG e BNG para propiciar o seu relevo polas declaracións nas que apostaba por unha "suspensión" da aplicación da Lei da Dependencia e defendía os "indispensables, xustos e necesarios" recortes do Goberno central. Escrito de renuncia no interior