Educación concede as axudas para o galego no ensino a tres días da fin do curso
A Xunta adxudica o financiamento para os proxectos dos equipos de normalización lingüística de colexios e institutos a apenas dúas semanas de que teñan que xustificar os gastos se non queren perder os cartos. Docentes denuncian que o Goberno impide, na práctica, boa parte das actividades.
A débeda da Xunta disparouse un 91% en tres anos
O PP rexeita a esixencia socialista de que Feijóo compareza no Parlamento para explicar o estado das arcas públicas, que adebedan case 7.400 millóns, fronte aos 3.900 do primeiro trimestre de 2009
A Xunta gasta 100.000 euros nun cento de ordenadores para os que esixe Windows
Facenda mercará, a través do Centro Informático para a Xestión Tributaria, 110 computadores persoais para varios departamentos administrativos que terán preinstalado obrigatoriamente o sistema operativo de Microsoft
"Suspenso total" para Jesús Vázquez
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público alerta dunha posible redución de 200 unidades escolares e 2.000 docentes na entrega simbólica das cualificacións de fin de curso ao conselleiro de Educación
Os secretarios provinciais do PSdeG inician mandato coa vista posta nas autonómicas
Tras pechar os congresos nas provincias os líderes socialistas nas provincias miran cara os comicios galegos e antes, cara ás primarias de setembro. "Hai partido" para o cambio de Goberno en Galicia, aseguran.
A Xunta volve admitir que no inicio do mandato sabía que debía "potenciar" o galego
O secretario xeral de Política Lingüística recoñece no Parlamento, como xa fixera por escrito, que a Xunta aplicou o decreto plurilingüe aínda que "a situación do galego non era boa". O BNG lémbralle que o conselleiro dixo que a lingua propia era maioritaria nas aulas e repróchalle a "mentira".
A nova data do AVE galego, en precampaña
Feijóo corrixe a ministra de Fomento e asegura que Rajoy dará "no verán" o prazo de finalización da conexión de alta velocidade coa Meseta. O presidente convocará en cuestión de "días" o 'cumio' coas deputacións que prometeu hai un ano
A factura de Meirás segue a subir: 21.000 euros máis para a seguridade dos Franco
A Xunta asinou o pasado marzo un novo convenio coa familia do ditador para a apertura do edificio durante 2012, obrigatoria pola súa condición de Ben de Interese Cultural
A Xunta ve na "interesante" mina de ouro de Corcoesto unha "grande oportunidade"
O conselleiro de Industria defende a instalación da polémica explotación mineira que unha empresa canadiana prevé en Cabana de Bergantiños e rexeita recibir "leccións" de respecto ao medioambiente do BNG, que cuestionou no Parlamento a seguridade da instalación
Educación culmina a reforma que lle impón ao profesorado labores de coidador
A Xunta aplica a modificación da xornada dos e das docentes que pon en risco as interinidades e actividades como as aulas de reforzo
Ter un accidente no mar xa ten prezo: ata 2.200 euros por hora
A Xunta bota a andar o decreto que establece o cobramento por actuacións de gardacostas e salvamento marítimo. Os rescate só serán de balde en escasas excepcións.
Feijóo reparte culpas ante a esixencia de investigar xa Novagalicia Banco
O presidente aférrase á esixencia de responsabilidades ao bipartito e ao Goberno de Zapatero mentres o PSdeG lle reclama un "pacto" para que NCG Banco teña o mesmo trato que Bankia e o BNG, a instauración da banca pública galega, nun bronco pleno a conta do rescate