O PP rexeita destituír o Valedor e cre que PSdeG e BNG atacan a súa "liberdade de expresión"
O mandato de Benigno López finaliza no mes de xullo pero para mantelo ou substituílo cómpre un pacto do PP co PSdeG ou co BNG, complexo tras a controversia polos recortes sociais e a poucos meses das eleccións
"A explosión no BNG foi inoportuna, hai que estar preparados para gañarlle ao PP"
Camilo Nogueira coida que, con "certo sentido común", PSdeG e BNG poderían "gobernar de novo" e "con máis e entendemento que no bipartito".
O Porto de Vilagarcía gasta 55.000 euros en alugar un coche oficial para a súa presidenta
O ente portuario pagará cada mes durante catro anos 200 euros máis do equivalente ao salario mínimo interprofesional por un automóbil "novo", con "cambio automático" e "climatizador cuatrizona"
A Xunta cre que o paro ou os cartos non inflúen na decisión de ter fillos
A conselleira de Benestar entrega no Parlamento o plan co que aposta por sacar a Galicia do "inverno demográfico" e no que collen as campañas antiabortistas avaladas pola Lei de Familia
Os grupos do 'novo proxecto común' danse ata o 15 de maio para pechar un acordo
Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas continúan a negociar os aspectos programáticos e organizativos da súa posible alianza con diferentes visións sobre a premura que debe imprimir a posibilidade de que as eleccións galegas se celebren neste ano.
Dimite a Vicevaledora do Pobo tras suxerir o Valedor "suspender" a Lei de Dependencia
O Valedor pedía en 2009 máis velocidade na atención ás persoas dependentes, que agora propón paralizar. O servizo de comunicación da institución asegura que Benigno López "en ningún momento reclamou a suspensión" da lei. Audio coas declaracións íntegras, no interior
O 'informe Abril', un mapa dos 90 para o recorte sanitario de Rajoy
Hai vinte anos o ex ministro de UCD Fernando Abril Martorell presidiu a comisión autora dun amplo catálogo de recomendacións para superar o "esgotamento" da sanidade pública. O Goberno de Felipe González desbotou as receitas, inzadas de repagamento e privatizacións, que volven estar de actualidade dúas décadas despois.
O Estado insinúa que aforrará en abortos mentres a Xunta prevé pagar campañas antiabortistas
A secretaria de Estado de Sanidade, Pilar Farjas, suxire que o sistema público de saúde só financiará a interrupción do embarazo por razóns "médicas" e o Goberno galego prepara o Plan de Dinamización Demográfica, que inclúe as accións propagandísticas contra o aborto previstas na Lei de Familia
O PSdeG esixe que Xunta, Estado e Banco de España aclaren "xa" se Novagalicia será poxada
Pachi Vázquez lamenta que o Goberno central dilate as decisións sobre NCG Banco para "salvarlle os trastos" a Feijóo e sinala que as empresas que agardan por un crédito e os afectados das preferentes "non poden agardar" a outubro, cando remata o prazo para a eventual entrada de investidores privados
Os reitores rexeitan na Xunta a "inxustiza social" da suba das taxas
Armesto, Casares e Mato reclámanlle ao conselleiro de Educación que o incremento dos prezos das carreiras universitarias sexa o "mínimo" do que estipule o Estado mentres no exterior de San Caetano docentes e estudantes rexeitaban os recortes educativos
Inédita unidade de PSdeG e BNG no Parlamento para esixir que Feijóo explique os recortes
O PP bloquea a petición conxunta de comparecencia de socialistas e nacionalistas, que lembran que teñen "5.000 votos máis" que os conservadores. O líder socialista asegura que "son momentos de traballar unidos" e a voceira do BNG, Ana Pontón, censura que o presidente "viva fóra da realidade". Os conservadores evitan pecharlle a porta á fin das autovías libres de peaxe.
A Xunta evita revelarlle ao Parlamento por que tivo pechado o Pazo de Meirás
O Goberno galego responde a catro preguntas nas que PSdeG e BNG o cuestionaban polo peche temporal do complexo obviando que veta as visitas cando a familia Franco se atopa aloxada neste Ben de Interese Cultural