Pérez Bouza confirma a súa marcha do BNG
O ex senador remítelle unha carta á secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, na que expresa a súa discrepancia coa "confrontación" que na súa opinión caracterizou a pasada Asemblea Nacional e sinala que abandona a organización por "coherencia política"
A política lingüística da Xunta, asfixiada polos recortes
Os programas de fomento da lingua galega contaban con 21,7 millóns hai tres anos e disporán de 9,9 en 2012
Barra libre para as piscifactorías na costa galega desde outubro
O Consello da Xunta dá luz verde ao Plan Director de Acuicultura, que abre a porta a instalar plantas de cultivo de peixe en calquera punto do litoral, tamén en espazos protexidos pola Rede Natura
Feijóo avisa os funcionarios: ou menos dereitos ou menos soldo
O presidente responde ás mobilizacións dos traballadores da Xunta advertíndoos de que a baixada de salarios é a única "alternativa" á reforma que implica eliminar beneficios sociais, ampliar xornadas aos funcionarios ou reducirlla aos interinos
Táboas deixa de ser deputada do BNG
A ex conselleira comunícalle ao portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, a súa intención de deixar o Parlamento
Omite a Xunta os ideais políticos de Díaz Pardo?
Mentres a Xunta leva ao Gaiás a homenaxe ao intelectual, no Parlamento xorde a controversia sobre o tramento que o Goberno lle dá á súa figura. O PSdeG urxe a Cultura a cumprir o acordo parlamentario para que o legado do fundador de Sargadelos sexa ben de interese cultural
Os empresarios póñenlle deberes a Feijóo: copagamento, privatizacións e menos impostos
A Confederación de Empresarios de Galicia preséntalle ao presidente 140 medidas "contra a crise" nun informe no que insisten en "moderar" os soldos ata 2015 e xestionar os hospitais de maneira "empresarial"
Valentín García, luva branca para defender a política lingüística da Xunta
O novo secretario xeral de Política Lingüística debuta na Cámara para responder a unha pregunta do BNG, amosa unha liña de fondo continuísta con Anxo Lorenzo pero recupera o termo "normalización"
O PP veta debater no Parlamento se cómpre investigar a xestión de NCG
Os conservadores evitan que se discuta no pleno se procede, como reclama o PSdeG e apoia o BNG, unha comisión para indagar na xestión e de Novacaixagalicia. Na oposición, Feijóo reclamou poder iniciar investigacións parlamentarias sen o voto da maioría da Cámara.
Os críticos do PSdeG, á procura dun rostro para a súa "alternativa"
O sector dos socialistas que aposta por presentar "unha alternativa" no Congreso Nacional asegura que "nuns días" terá "concretada" a súa opción. Mentres, Caamaño descarta enfrontarse ao actual secretario xeral, que chama á "integración" e advirte de que "os desafíos están fóra do partido"
Aymerich e Pontón temperan no relevo parlamentario a tensión do BNG
A nova voceira nacionalista na Cámara e o seu antecesor, visiblemente emocionado, comparecen xuntos ante os medios e gaban os seus respectivos labores parlamentarios mentres a dirección do Bloque agarda pola asemblea do Encontro Irmandiño
O PSdeG proporá no seu congreso listas abertas e poder votar aos 16 anos
O relatorio que os socialistas galegos discutirán na súa cita congresual de marzo aposta por converter a Cidade da Cultura nun centro de estudo das migracións avalado pola Unesco, rexeita eliminar as deputacións e ve necesario gañar a "hexemonía social" para a lingua galega