O BNG non repartirá as áreas da súa Executiva ata despois da asemblea dos 'irmandiños'
Ana Pontón substitúe na portavocía nacionalista no Parlamento a Carlos Aymerich, que renunciou, e convértese na primeira muller en asumir esta responsabilidade na Cámara galega. Ana Luisa Bouza, de Máis Galiza, asume será a vicevoceira.
A Xunta modifica o convenio e suprime o dereito a comedor do persoal laboral
O anteproxecto de lei de medidas no emprego público, presentado o venres pola conselleira de Facenda, ameaza con romper os acordos de negociación colectiva asinados entre Traballo, sindicatos e patronal. A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública cifra en 1.700 o número de médicos dos que se prescindirá na sanidade galega.
Anécdotas sobre os pacientes para celebrar o aniversario do Sergas
Profesionais do Servizo Galego de Saúde lamentan que Sanidade albergase na súa web interna comentarios "de dubidoso gusto" que chegaban a "ridiculizar" os pacientes por aspectos como falar galego ou non coñecer termos clínicos
Callón: "Se non fose tan grave, sería cómico que me denuncien por defender a lei"
O presidente d'A Mesa será xulgado o vindeiro día 10 por recriminarlle ao xuíz decano da Coruña que asegurase "non ter rubor en empregar a ilegalidade La Coruña"
A TVG nega "represalias" contra os presentadores que foron á folga
A compañía asegura, nunha resposta parlamentaria, que é falso que apartase os presentadores Alfonso Hermida e Ana Pérez da presentación do especial electoral por apoiar as protestas contra a nova lei dos medios públicos
A nova dirección do BNG chama á "unidade" mentres +G e 'irmandiños' deciden o seu futuro
A Alternativa pola Unidade coida que o resultado da Asemblea Nacional do Bloque debe derivar en "corresponsabilidade" de todas as correntes, a comezar pola primeira Executiva na que, a vindeira semana, se tomarán decisións como a remuda na portavocía parlamentaria
O PSdeG comeza en Sevilla o intento de chegar á Xunta
Os socialistas galegos acoden ao congreso federal do PSOE cos apoios distribuídos entre Rubalcaba e Chacón e cun ollo posto na súa propia cita congresual
Caamaño: "Galicia non pode seguir languidecendo, precisa un proxecto ilusionante que a defenda"
O presidente dos socialistas na Coruña acode á cita congresual do PSOE para apoiar a Carme Chacón, á que ve capaz de impulsar a socialdemocracia na liña da "esquerda europea". Non cre, como Pachi Vázquez, que todo o PSdeG apoie a Rubalcaba e admite que o seu partido se deixou levar "pola gobernanza dos números"
Facenda gastará 800.000 euros en pedir "solidariedade" coas contas públicas
A Xunta pode chegar a gastar ata 1,2 millóns de euros nuns poucos meses en anuncios para pedir "austeridade" e un comportamento "solidario"
Coa marcha de Baltar un de cada tres deputados do Parlamento xa non foi elixido nas urnas
Vinte parlamentarios do PP, cinco do PSdeG e dous do BNG deixaron o lexislativo galego dende o inicio da lexislatura
Ser presidente non é o máis rendible na Xunta
Corina Porro, Agustín Hernández e a interventora xeral da Administración autonómica quedan a menos de 1.000 euros anuais de superar a remuneración de Alberto Núñez Feijóo
A CRTVG gasta 200.000 euros en avogados para litigar con produtoras audiovisuais
A Compañía de Radio Televisión de Galicia contrata letrados en Pontevedra, Vigo, Santiago e Lugo para reclamarlles a catro empresas audiovisuais parte das indemnizacións ás que foi condeada por cesión ilegal de traballadores