O BNG anticipa que derrogará a lei da Red Madre se chega á Xunta
Os nacionalistas conmemoran o Día Internacional polo Dereito ao Aborto cun acto no Obradoiro na defensa dos "dereitos das mulleres" e contra as "imposicións ideolóxicas". Audio no interior.
Feijóo aférrase aos contratos de Pemex malia que a empresa di que non son definitivos
O presidente da Xunta remítese ao último comunicado da petroleira, que asegura que os contratos son "plenamente válidos", aínda que aclara que hai "cláusulas suspensivas". Desde México, insisten en que a decisión de construír os floteis en Galicia non é firme. Un conselleiro da firma azteca fala incluso dun "uso electoral" do trato para "impulsar o PP". Audios no interior.
Leiceaga: "Chegou a haber un acordo na reforma do Estatuto, pero chegou Feijóo e mandou parar"
O ata agora parlamentario do PSdeG, peza clave nas negociacións para a reforma do Estatuto de Autonomía que embarrancaron en 2007, conversa con Praza sobre o seu novo libro, no que detalla as causas do fracaso dun proceso no que, mantén, socialistas e nacionalistas acadaron "unha posición común" e Galicia "perdeu a oportunidade de decidir o que quería ser nos vindeiros vinte e cinco ou trinta anos"
Ana Mato evita aclarar se aplicará novos recortes sanitarios tras as eleccións galegas
A ministra de Sanidade limítase a teimar en que "ningún español sufriu recortes sanitarios" mentres a incerteza sobre o posible rescate total dispara de novo a prima de risco española
Beiras ve na 'Pokemon' unha "operación espectáculo" para "provocar a abstención"
"Xa me gustaría que a maxistratura operase con esa rotundidade en períodos normais e coa mesma vara de medir para todos", di o cabeza de lista na coruña por AGE, que vén de integrar o Espazo Ecosocialista
Os controis legais fan que a participación do censo emigrante no 21-O non chegue ao 4%
Menos de 15.000 das case 400.000 persoas inscritas no CERA solicitan emitir o seu voto para o 21 de outubro. En 2009, antes da reforma electoral que o Goberno central xa prevé derrogar, a participación foi do 30%
O Congreso frea a lei de UPyD para ilegalizar documentos oficiais non redactados en castelán
O partido de Rosa Díez fica só na defensa dunha norma contra a suposta "discriminación" da lingua castelá nun debate no que os deputados empregaron todos os idiomas oficiais do Estado
PSdeG e BNG comprométense a rematar coa "especulación" e o "desprezo" no agro
Socialistas e nacionalistas manteñen encontros con gandeiros no marco da precampaña. Guillerme Vázquez lembra que o Bloque xa amosou "compromiso" co rural dende a Xunta e Pachi Vázquez garante que freará as prácticas "abusivas" que sofren a agricultura e a gandeiría.
A Xunta acumula catro infraccións electorais en menos dun mes
A Xunta Electoral ordena, tras unha denuncia do PSdeG, retirar da web do Goberno galego os vídeos e novas do acto de sinatura dos contratos de Pemex. O Goberno galego debe tamén deixar de difundir unha campaña publicitaria de Benestar, denunciada polo BNG.
O PP cre que criticar a suba das listas de espera é "xogar coa saúde dos galegos"
Os conservadores retrucan con dureza a un vídeo do BNG sobre os "incumprimentos" de Feijóo en materia sanitaria e obvian os datos de Povisa para asegurar que a demora baixou dende 2009
A reforma electoral coa que soña Feijóo
O presidente e candidato á reelección resucita a idea dun cambio legal que lle garanta o goberno á lista máis votada mentres os inquéritos prognostican o Parlamento máis plural da última década
O persoal contra incendios plántase ante o lume da "privatización"
Sindicatos e asociacións profesionais poñen en marcha unha plataforma en defensa do sistema público e alertan dos riscos de que nos montes do país convivan ata cinco instrumentos diferentes contra as lapas, dous deles privados