A lingua galega fai dous anos exiliada das ciencias na escola
A aplicación do denominado decreto do plurilingüismo desplomou a presenza da lingua propia nas aulas, pasando de máis do 50% a apenas o 20% no conxunto do ensino e mesmo a desaparecer en Educación Infantil.
Os concellos galegos rebélanse contra as fusións
A Fegamp difunde un manifesto a prol da "autonomía municipal" e arrefría os plans expostos por Feijóo co anuncio da integración de Oza dos Ríos e Cesuras
A Xustiza tomba os atrancos do Concello de Santiago á manifestación de Queremos Galego
Un xulgado de Compostela frea o veto do goberno local e permítelle á plataforma en defensa da lingua empregar un palco e megafonía no remate da marcha do Día das Letras.
O ex Valedor despídese con reproches ao Parlamento por debater a súa marcha
Benigno López acusa "os grupos parlamentarios" de procurar "que pregase o meu discurso ás súas necesidades" e subliña que, "terxiversacións aparte, dixen o que dixen, pénsoo e mantéñoo"
Máis Galiza, Acción Galega e EcoGal pechan un acordo "político e programático"
Tres dos catro colectivos do 'novo proxecto común' pechan un primeiro documento mentres "continúa o proceso cara á constitución dun novo proxecto político e electoral" no que tamén segue inmerso o Encontro Irmandiño
Ao 15M multiplícanselle os 'amigos' no Parlamento
No primeiro aniversario do inicio das mobilizacións a oposición galega observa o movemento como unha "xusta indignación" e "chamada de atención aos partidos". O PP afirma agora que xa levou á práctica algunhas das súas reivindicacións
O Valedor do Pobo presenta a dimisión
Benigno López deixa o seu cargo horas despois de que o PP vetase senllas iniciativas de PSdeG e BNG para propiciar o seu relevo polas declaracións nas que apostaba por unha "suspensión" da aplicación da Lei da Dependencia e defendía os "indispensables, xustos e necesarios" recortes do Goberno central. Escrito de renuncia no interior
Fomento escurece o futuro de Alvedro e Peinador, afogados polo descenso de tráfico
O plan de AENA para os aeroportos menos rendibles ameaza o futuro dos da Coruña e Vigo, incluídos no grupo dos menos eficientes e con datos negativos desde hai tempo. A ministra Ana Pastor non nega o peche dalgunha terminal e advirte de que "non todas son viables"
A semana da lingua da (aínda) maioría do país
Institucións oficiais, colectivos sociais e formacións políticas celebran esta semana actos e reivindicacións en defensa do que, segundo os datos estatísticos, é idioma preferente do 56% da poboación de Galicia
Pastor 'vende' en Santiago o desfiuzamento rápido para pisos alugados
A ministra de Fomento aproveita unha sinatura de convenios en Compostela para promocionar a reforma legal que só deixa dez días de marxe ás persoas que non poidan pagar a súa vivenda en aluguer antes de seren botadas á rúa
A Xunta evita revelar canto leva aforrado co recorte ao persoal público
O Goberno galego cre que é "moi cedo" para "cuantificar" o impacto da tesoirada nas remuneracións dos seus traballadores pero asegura que "non hai dúbida" de que contribuirán a reducir o déficit público
O BNG saca músculo para aclamar a Jorquera
O candidato do Bloque á presidencia bosquexa as liñas básicas da súa aposta programática nunha convención con aire festivo e vocación de inxección de ánimo na militancia