O 15M colle folgos: "Non temos medo, temos fame"
O aniversario das primeiras protestas 'indignadas' leva a milleros de persoas ás rúas de Galicia
Feijóo lanza a precampaña cun baño de multitudes á vella usanza
O presidente da Xunta protagoniza na Coruña un xantar-mitin con 5.000 militantes e simpatizantes conservadores no que asegura que el "iniciará o crecemento económico de España" e insta a frear a posibilidade de PSdeG e BNG regresen ao Goberno
"Un xornalista dócil é un mal xornalista ou un xornalista desaproveitado"
Xosé Manuel Pereiro renova no decanato do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia cunha chamada ao "optimismo" e ao "exame de conciencia" no oficio da información
Rajoy "dinamiza" o aluguer de vivenda con desafiuzamentos máis rápidos
O ministerio de Fomento reducirá ao "mínimo imprescindible" a intervención xudicial para desaloxar un inquilino que non poida pagar a renda do piso no que vive e aplicará a "liberdade" para subir os prezos por riba do IPC
De Guindos acelera o final de Novagalicia Banco
As novas esixencias de blindaxe ante o ladrillo obrigan a NCG Banco a captar uns 1.000 millóns máis e a explicar antes de xullo como o fará. A premura imposta polo Goberno central e a preferencia do Banco de España pola poxa pechan aínda máis as portas a un futuro en solitario para a entidade.
A Deputación de Ourense afunde no primeiro exame á súa transparencia
A institución ourensá sitúase no furgón de cola no estudo sobre a posibilidade de acceso á información destes entes. A opacidade nas relacións cos concellos colócaa no antepenúltimo posto do Estado
Cinco partidos galeguistas de centro conflúen en Acción Galega
Formacións que se ubican no ámbito do centro político, no "galeguismo" e no "progresismo" achéganse a AGA, participante das conversas do 'novo proxecto común'
Outra consecuencia da Red Madre: "protocolo de renuncia de bebés no hospital"
A Xunta segue a desenvolver a lei aprobada a instancias do Foro Español de la Familia cun procedemento para dar "alternativas eficaces" ao aborto pola vía de xestionar a entrega en adopción dos acabados de nacer nos hospitais do Sergas
Milleiros de estudantes saen á rúa en Galicia contra os recortes
Os manifestantes piden a dimisión do conselleiro de Educación e protestan contra as medidas de axuste aplicadas polo Goberno central no ensino público nunha xornada de folga na ensinanza media e universitaria
Nova Axencia Tributaria e 20 millóns de orixe descoñecida
A Xunta comeza a concretar, case dous anos despois de anunciala, a transformación da Dirección Xeral de Tributos nunha axencia sen máis competencias coa que, asegura, recadará un 20% máis de impostos sen ter que incrementalos
O Valedor, o 'cromo' máis amargo do bipartito
Benigno López acumula un amplo historial de polémicas dende que en 2007 fose elixido por unanimidade do Parlamento tras unha negociación na que PSdeG e BNG apostaron pola súa candidatura por ser do agrado de Feijóo e así desbloquear outros nomeamentos
Feijóo mima a Baltar nun inhabitual 'cumio' de presidentes
O xefe do Goberno galego garántelle un amplo menú de investimentos ao titular da Deputación ourensá, que promete unha "redución drástica" nos gastos de persoal da institución