Feijóo culpa da burbulla inmobiliaria a PSOE e BNG, que o instan a "deixar paso"
O presidente da Xunta responde ás peticións de explicacións pola mala situación económica atribuíndolle a Joaquín Almunia a responsabilidade do "bloqueo" do naval e das preferentes das caixas. Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto Galego de Finanzas que substitúa o Igape.
O persoal da Xunta xa sofre o recorte nas baixas por enfermidade
Entra en vigor a tesoirada aos complementos por incapacidade temporal para todos os traballadores públicos de Galicia, reducidos ata o 60% nas segundas baixas e eliminados nas terceiras
O búmerang lingüístico vólvese contra o PP en vésperas do 17M
Os populares rexeitan tres propostas da oposición para aplicar o Plan Xeral de Normalización pactado en 2004 e quedan sós na defensa dunha iniciativa sobre o galego nas redes sociais
O sector público deixará de ter "preferencia" na atención a persoas dependentes
O Goberno central "acompasará" a asistencia aos dependentes ás "capacidades financeiras" e os de grao I, uns 2.000 en Galicia, non serán atendidos ata 2014
O Estado suxírelle á UE que non construirá máis autovías sen peaxe
O Goberno central informa as autoridades comunitarias dos seus plans para a xeralización da entrada do sector privado nas infraestruturas. FEVE diluirase entre Renfe e Adif.
Estudante 'de letras', sen cartos e cun suspenso: sen bolsa
O Goberno central informa á Unión Europea de que lles retirará as axudas "compensatorias", as destinadas ás persoas con rendas máis baixas, aos estudantes de carreiras de humanidades, ciencias sociais, xurídicas ou artes que non aproben o 100% dos créditos do curso
PSdeG e BNG traballan en novos xestos de unidade fronte a Feijóo
Socialistas e nacionalistas apostan por facérense ver como "alternativa" ao PP na Xunta e valoran a presentación de mocións de censura nos tres concellos nos que non forman coalición malia teren edís dabondo
O PP rexeita destituír o Valedor e cre que PSdeG e BNG atacan a súa "liberdade de expresión"
O mandato de Benigno López finaliza no mes de xullo pero para mantelo ou substituílo cómpre un pacto do PP co PSdeG ou co BNG, complexo tras a controversia polos recortes sociais e a poucos meses das eleccións
"A explosión no BNG foi inoportuna, hai que estar preparados para gañarlle ao PP"
Camilo Nogueira coida que, con "certo sentido común", PSdeG e BNG poderían "gobernar de novo" e "con máis e entendemento que no bipartito".
O Porto de Vilagarcía gasta 55.000 euros en alugar un coche oficial para a súa presidenta
O ente portuario pagará cada mes durante catro anos 200 euros máis do equivalente ao salario mínimo interprofesional por un automóbil "novo", con "cambio automático" e "climatizador cuatrizona"
A Xunta cre que o paro ou os cartos non inflúen na decisión de ter fillos
A conselleira de Benestar entrega no Parlamento o plan co que aposta por sacar a Galicia do "inverno demográfico" e no que collen as campañas antiabortistas avaladas pola Lei de Familia
Os grupos do 'novo proxecto común' danse ata o 15 de maio para pechar un acordo
Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas continúan a negociar os aspectos programáticos e organizativos da súa posible alianza con diferentes visións sobre a premura que debe imprimir a posibilidade de que as eleccións galegas se celebren neste ano.