Feijóo non cobrará polas ambulancias non urxentes... ata que o ordene o Estado
O presidente da Xunta evidencia que non aplicará o repagamento do transporte sanitario que empregan persoas con problemas de mobilidade ou con tratamentos prolongados ata que non se aprobe en Madrid, algo que acontecerá nun prazo de seis meses
A defensa de Fernando Blanco pide o arquivo da súa causa, que a xuíza separa da 'Campeón'
A xuíza Estela San José amplía a nómina de imputados na investigación da trama presuntamente liderada polo empresario Jorge Dorribo e chama a declarar como testemuña á ex conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
A Xunta defende a legalidade do 'perdón' dunha multa de 3 millóns a Telmo Martín
O conselleiro de Infraestruturas asegura que o Goberno galego "cumpre estritamente" resolucións xudiciais e non beneficia a promotora Construcuatro por ter como socio ao ex candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, a quen asegura que o bipartito "prexudicou" pola súa filiación política.
O PSOE suspende cautelarmente de militancia a Carlos Príncipe
Os socialistas apartan do partido o ex alcalde de Vigo por cargar publicamente contra a formación, "confabular" contra ela e, en última instancia, presentar unha conferencia de Alfonso Rueda, na que censurou con dureza a xestión do actual rexedor, Abel Caballero. Expediente íntegro no interior.
Feijóo aférrase á Constitución para non vetar o copagamento farmacéutico
O presidente da Xunta asegura que "non é certo que os pensionistas vaian pagar os medicamentos". O BNG lamenta a súa "frivolidade" e o PSdeG proponlle unha lei que "blinde" a sanidade e a educación públicas. SOS Sanidade Pública lembra que a Xunta pode devolverlles ás persoas xubiladas o 10% das menciñas que o Estado as obriga a pagar.
"O tempo dirá se acertamos ou se isto é un fracaso histórico"
Noriega, Bascuas, Cuiña e Hermida amosan confianza en lograr "un fío argumental" para presentar un "novo referente político" ás vindeiras eleccións galegas no que colla "dende o centro esquerda" á "esquerda máis tradicional" e "dende o galeguismo político" a quen aposta "pola república galega".
O PP rexeita de novo iniciar a Lei de Publicidade pero insiste en que a Xunta a fará
Os populares desbotan unha moción coa que o PSdeG reclamaba que a regulación legal da propaganda institucional, prometida por Feijóo para a primeira metade da lexislatura, chegase ao Parlamento antes do verán
A Xunta xustifica o novo copagamento: os pensionistas toman demasiada medicación
A conselleira de Sanidade atribúelles aos doentes galegos a acumulación de "auténticos almacéns" de medicamentos. Rocío Mosquera cre que os xubilados "deberían" consumir a mesma cantidade de menciñas que a poboación máis nova.
O control de RTVE polo Goberno central comprace o PPdeG e irrita a oposición
Os conservadores atribúen a reforma legal de Rajoy a que os medios público estatais estaban "bloqueados", o PSdeG ve na decisión un "tic autoritario" da dereita e o BNG teme que a CRTVG siga o mesmo camiño
PSdeG e BNG esixen que Feijóo aclare se será "colaboracionista" cos novos recortes de Rajoy
Rajoy tenlle que remitir á UE antes de fin de mes todas as tesoiradas que aplicará en 2012 e a oposición galega reclama tratar no Parlamento que impacto terán nos Orzamentos da Xunta
O Deza clama contra a incineración no Día da Terra
Máis dun milleiro de persoas rexeita en Lalín a construción dunha planta incineradora de residuos no Irixo, pero tamén en calquera outro punto de Galicia. En dúas semanas, a aposta por un novo modelo de xestión do lixo chegará ao Parlamento en forma de iniciativa lexislativa popular. Galería de imaxes no interior
O Banco de España dálle a Novagalicia un empurrón máis cara á poxa
O regulador dubida do "encaixe normativo" do Plan Castellano para a incorporación de investidores privados ao banco e deixa a súa posible aceptación nas mans do Goberno central e da UE