Que fai Feijóo en México?
A Xunta anunciou o luns que ese mesmo día o presidente cruzaba o Atlántico para unirse á comitiva de Mariano Rajoy, explicando só que participaría en "diversos actos oficiais" e sen detallar a data de regreso. PSdeG e BNG reclaman explicacións e o PP asegura que a estancia favorecerá a "internacionalización" da economía.
O substituto de Conde Roa, continuísta pero tranquilo
Ángel Currás toma o bastón de mando da capital galega asegurando que cambia "o capitán" pero non "a nave", aínda que cos retos de apaciguar a alterada vida municipal compostelá e de lograr o apoio de todo o seu propio equipo
A polémica dos coches oficiais vólvese contra a Xunta e rebenta no Parlamento
O socialista Lage Tuñas forza o debate de 167 preguntas sobre o gasto da Xunta en combustibles, peaxes e reparacións do seu parque móbil tras levar varios meses agardando a obter os datos por escrito. O director de Relacións Institucionais acusa o deputado de buscar "publicidade" e detalla, nunha comisión que durou máis de cinco horas que, por exemplo, o presidente de Sogama gasta máis en carburante que Feijóo.
O PP rexeita reducir o gasto en propaganda porque xa fai a "mínima obrigada en democracia"
Os conservadores tomban unha iniciativa coa que o BNG apostaba por recortar os fondos publicitarios da Xunta. Rodríguez Miranda argumenta que estaría en "risco" a comunicación entre o Goberno e os cidadáns.
Os sindicatos ven nos recortes no ensino "un ataque frontal" que instaura "o copago"
O ministro Wert anuncia medidas que implican ata un 20% máis de alumnos por aula, máis horas lectivas para os profesores ou suspender a obrigatoriedade de ofrecer Bacharelato en todos os centros educativos. As centrais advirten "da redución da calidade na ensinanza", así como da "condena ao paro de milleiros de interinos" e piden ao conselleiro Vázquez que aclare "se acatará as desastrosas instrucións de Madrid".
O Correlingua quece motores para poñerlle "moitos pés" ao galego
A carreira en defensa do idioma entrega os seus galardóns escolares mentres as entidades organizadoras lle piden "reflexión" ao futuro alcalde de Santiago, Ángel Currás, que como concelleiro de Normalización Lingüística lle retirou o apoio propiciou que na capital o evento teña o tratamento de manifestación.
Vázquez lanza a elaboración do programa do PSdeG e Caamaño non descarta ser candidato
A Executiva Nacional dos socialistas comeza os traballos para ter elaboradas a finais de maio as propostas que serán "xermolo" do "programa alternativo para o país". O ex ministro de Xustiza aspirará á secretaría xeral do partido na Coruña e deixa a porta aberta a concorrer ás eleccións primarias.
A débeda con Facenda destitúe a Conde Roa da alcaldía de Santiago
O popular marcha porque Compostela "non merece un alcalde" na súa situación e sen que Feijóo llo pedise, asegura. Ángel Currás imponse na pugna interna pola sucesión.
O órgano do Estado encargado das linguas cooficiais leva dous anos sen reunirse
O Consello das Linguas Oficiais, creado por decreto en 2007, tivo só tres xuntanzas e non mantén ningún encontro dende verán de 2010
A 'austeridade' levará por diante o 10% do cadro médico do Sergas
A reposición de só o 10% das baixas causadas por xubilacións forzosas provocan que Galicia sexa a cuarta autonomía que máis médicos perderá nos vindeiros anos. As asociacións de defensa da sanidade pública advirten das "evidencias" científicas que relacionan a redución de persoal médico por habitante e o incremento de enfermidades de detección doada.
Guillerme Vázquez: "O PP non as ten todas consigo, por iso ten interese en destruír o BNG"
O portavoz nacional do Bloque amósase convencido de que "a referencia do nacionalismo é e vai seguir sendo" a formación frontista e ve na fin das caixas galegas e en Conde Roa as mellores mostras do balance de tres anos de Goberno de Feijóo
Feijóo amósalle a saída da alcaldía a Conde Roa, pero aínda non o empurra cara a ela
O alcalde de Santiago, imputado por unha presunta fraude fiscal, amósase "tranquilo" e confía en que se arquive a causa contra el. O presidente da Xunta asegura que será "coherente e consecuente" coa Xustiza e cos estatutos do PP mentres PSdeG e BNG esixen a dimisión inmediata do rexedor compostelán.