Feijóo prometeu en 2009, como Zapatero en 2008, avanzar "cara ao pleno emprego"
O programa co que o PPdeG concorreu ás autonómicas de 2009 incluía un obxectivo idéntico ao do PSOE nas xerais de 2008. Os populares prometían oito grandes plans de emprego dos cales só un está en marcha.
PSdeG e BNG tentan picar o salvavidas orzamentario de Rajoy a Feijóo
Socialistas e nacionalistas fan fincapé nos duros recortes sociais do Goberno central e dubidan de que os cartos comprometidos para o AVE cheguen a executarse. O presidente da Xunta aférrase ás infraestruturas e ve "inmellorable" para Galicia o inicio da lexislatura estatal.
As 750 hectáreas arrasadas só son "provisionais" na fin dos catro días de incendio no Eume
A Xunta dá por extinguido o lume das Fragas e asegura que xa traballa na súa recuperación mentres remata de calcular canta da súa superficie ardeu en realidade
Medio Rural ordenou o 28 de marzo mercar de urxencia 1.500 fundas para o persoal contra incendios
Tres días antes do incendio do Eume o departamento de Rosa Quintana iniciou os trámites para comprar traxes de protección para brigadistas. Malia o procedemento abreviado de contratación non as terá dispoñibles ata o inicio do verán.
Rajoy lánzalle un flotador electoral a Feijóo nas contas do gran recorte
O Goberno central fai unha excepción na tesoirada xeralizada para aumentar o investimento en Galicia e Euskadi, as dúas autonomías que poderían pasar polas urnas antes dos seguintes Orzamentos. A Xunta apresúrase en agradecer que o AVE galego sexa "irrenunciable" para Fomento.
A Xunta defende a súa "alta eficacia" no lume "provocado" das Fragas do Eume
O secretario xeral de Montes asegura no Parlamento que estivo "onde tiven que estar" mentres ardían as Fragas mentres PSdeG e BNG lle reprochan os recortes no dispositivo de prevención e extinción e os seus "experimentos" coa xestión forestal en Galicia dende os gobernos de Fraga
A reforma da Lei de Incendios rebaixa de 100 a 50 metros a protección arredor das casas
A Lei de Montes que tramita a Xunta inclúe unha disposición que modifica a lexislación contra o lume do ano 2007 para minguar a faixa que debe estar libre de biomasa no entorno das vivendas
A chuvia chega este martes ás Fragas do Eume
O meteorólogo Carlos Balseiro confirma que as primeiras precipitacións caerán sobre as fragas e o farán de maneira feble, o que permitirá preparar a terra para chuvias de maior intensidade
O incendio político: "Feijóo xa ten o seu Prestige"
O BNG atribúe aos recortes a dimensión acadada polo incendio nas Fragas e o PP asegura que Feijóo aproveita a súa presenza en Madrid, no Comité Executivo do seu partido, para realizar xestións ante o Goberno central reclamando axuda para Galicia.
Medio Ambiente eleva a 1.000 hectáreas o desastre do Eume, Medio Rural manteno en 750
A conselleira do Medio Rural recoñece que a estimación de hectáreas queimadas aínda é "provisional" e o conselleiro de Medio Ambiente xa estima que foron arrasadas 1.000 hectáreas. A Xunta, dende o seu Twitter, di que "a cifra oficial non variou". Tras a segunda noite de batalla contra as lapas o Goberno as brigadas traballan arreo antes de que o vento reavive a mediodía. O Goberno galego atribúe as queixas dos alcaldes ao "nerviosismo" e pon a Hernández á fronte da relación cos cinco concellos.
A Xunta mantén a cifra de hectáreas queimadas tras a segunda noite de batalla contra o lume no Eume
O Goberno galego segue a asegurar que arderon 750 hectáreas nas Fragas, mentres que o domingo o alcalde da Capela xa as elevaba a 2.000. O conselleiro de Medio Ambiente convoca os cinco alcaldes dos municipios afectados a unha xuntanza esta mañá.
Feijóo saca peito en pleno recorte de Rajoy para equiparar a xestión da Xunta con Alemaña
O PPdeG recupera a escenografía de campaña electoral nun acto no que o presidente e a ministra de Fomento aseguraron, sen prazos, que o AVE entre Madrid e Galicia está "preservado" da tesoirada xeralizada do Goberno central