A Xunta evita revelarlle ao Parlamento por que tivo pechado o Pazo de Meirás
O Goberno galego responde a catro preguntas nas que PSdeG e BNG o cuestionaban polo peche temporal do complexo obviando que veta as visitas cando a familia Franco se atopa aloxada neste Ben de Interese Cultural
Alemaña parabeniza o Goberno español polos seus "impresionantes" recortes
O ministro alemán de Finanzas louva en Compostela a política económica de Rajoy pero advirte de que "os mercados seguen nerviosos". De Guindos, que abre a porta á creación dun 'banco malo', evita confirmar a poxa de Novagalicia Banco e insta a "agardar" a setembro.
Galicia, en risco de perder 2.000 millóns da UE por ser demasiado "rica"
A renda media galega excedeu entre 2007 e 2009 en pouco máis dun punto o nivel esixido para seguir recibindo axudas estruturais de Europa. O BNG alerta de que a Xunta non está a facer xestións para evitar a perda de máis de 2.000 millóns e asegura que o "optimismo" do Goberno galego, que mantén que Galicia segue a ser territorio "en transición", non se "corresponde coa realidade".
Prohibido "formar grupos" nas rúas de Vilagarcía
O goberno vilagarcián (PP-Independentes) impulsa unha ordenanza de seguridade que, apelando ao "sentido común", prevé sancións para a veciñanza que se reúna nas beirrarúas da localidade, actitude que equipara a baixar dun coche en marcha.
Pachi Vázquez: "A alternativa en Galicia é máis que posible, hoxe o PP non ten a maioría absoluta"
O secretario xeral do PSdeG amósase convencido de que "Galicia vai responder nas autonómicas aos ataques á sanidade e á educación" e non ve "un trauma" na celebración de eleccións primarias no partido, porque despois delas "temos unha oportunidade clara de gobernar este país" se a esquerda é quen de "unirse".
A Xunta 'nacionaliza' a Fundación Cela tras anos de degradación
O organismo que preserva o legado do Nobel de Literatura pasará a estar presidida polo conselleiro de Cultura e Educación mentres permanece no aire a posibilidade de que os fondos bibliográficos poidan ser trasladados á Cidade da Cultura, como figura nun convenio asinado en 2010
Feijóo non cobrará polas ambulancias non urxentes... ata que o ordene o Estado
O presidente da Xunta evidencia que non aplicará o repagamento do transporte sanitario que empregan persoas con problemas de mobilidade ou con tratamentos prolongados ata que non se aprobe en Madrid, algo que acontecerá nun prazo de seis meses
A defensa de Fernando Blanco pide o arquivo da súa causa, que a xuíza separa da 'Campeón'
A xuíza Estela San José amplía a nómina de imputados na investigación da trama presuntamente liderada polo empresario Jorge Dorribo e chama a declarar como testemuña á ex conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
A Xunta defende a legalidade do 'perdón' dunha multa de 3 millóns a Telmo Martín
O conselleiro de Infraestruturas asegura que o Goberno galego "cumpre estritamente" resolucións xudiciais e non beneficia a promotora Construcuatro por ter como socio ao ex candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, a quen asegura que o bipartito "prexudicou" pola súa filiación política.
O PSOE suspende cautelarmente de militancia a Carlos Príncipe
Os socialistas apartan do partido o ex alcalde de Vigo por cargar publicamente contra a formación, "confabular" contra ela e, en última instancia, presentar unha conferencia de Alfonso Rueda, na que censurou con dureza a xestión do actual rexedor, Abel Caballero. Expediente íntegro no interior.
Feijóo aférrase á Constitución para non vetar o copagamento farmacéutico
O presidente da Xunta asegura que "non é certo que os pensionistas vaian pagar os medicamentos". O BNG lamenta a súa "frivolidade" e o PSdeG proponlle unha lei que "blinde" a sanidade e a educación públicas. SOS Sanidade Pública lembra que a Xunta pode devolverlles ás persoas xubiladas o 10% das menciñas que o Estado as obriga a pagar.
"O tempo dirá se acertamos ou se isto é un fracaso histórico"
Noriega, Bascuas, Cuiña e Hermida amosan confianza en lograr "un fío argumental" para presentar un "novo referente político" ás vindeiras eleccións galegas no que colla "dende o centro esquerda" á "esquerda máis tradicional" e "dende o galeguismo político" a quen aposta "pola república galega".