Novagalicia Banco entra en perdas e ser poxada xa é a súa primeira opción
A entidade que preside José María Castellano e que o Estado controla en máis dun 90% perde 168,7 millóns, non pagará os intereses das participacións preferentes e as súas perspectivas de "continuar en solitario" escurecen aínda máis
Máis Galiza contacta "co EI e Acción Galega" para artellar "unha proposta político-electoral"
O partido encabezado por Xoán Bascuas fai un "chamado" aos irmandiños e ao "colectivo capitaneado por Teresa Táboas" para iniciar un proceso que conflúa nunha nova estrutura "de asdscrición individual" centrado "na defensa do Estado de Benestar e os sinais de identidade da nación".
A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa"
A Comisión Episcopal de Doctrina de la Fe, herdeira contemporánea do Santo Oficio, insta o teólogo galego a "clarificar o seu pensamento" para "evitar" que as súas reflexións causen "confusión no pobo de Deus"
Feijóo lánzase á precampaña con visitas, inauguracións e placas conmemorativas
O presidente protagoniza en menos dunha semana diversos actos oficiais con marcado carácter preelectoral en varios concellos unha semana despois de que o PP anunciase que realizaría "unha xira" de actos de partido polos municipios do país
A protesta contra a "estafa" das preferentes das caixas, no interior da CRTVG
Os afectados polo 'corralito' das antigas caixas galegas trasladan á sede dos medios públicos galegos a esixencia de devolución dos seus cartos, que antes manifestaran polas rúas de Santiago. Vídeo no interior.
O Goberno anuncia unha amnistía fiscal que para Rajoy era "unha ocorrencia" hai dous anos
O Executivo sobe impostos por 12.300 millóns e aplica o maior axuste da democracia, de 27.300 millóns de euros. Montoro anuncia unha "regularización da fraude" que consiste en legalizar as rendas non declaradas pagando unha taxa do 10% e evitando calquera tipo de sanción. En 2010, os populares consideraban esta amnistía "unha ocorrencia impresentable".
Galicia liderou o desencanto contra a reforma laboral
As cidades galegas enchéronse de xente o 29-M. Atendendo aos datos facilitados polos sindicatos e as policías locais, o número de manifestantes en Vigo e A Coruña foi o maior do Estado en termos porcentuais, xa que tres de cada dez habitantes terían asistido ás marchas das principais centrais.
A Xunta aproveitou o día de folga para 'vender' unha lei que aínda non empezou a tramitar
O Goberno galego celebrou este xoves o seu Consello semanal malia ás mobilizacións e situou como asunto 'estrela' un informe sen valor xurídico sobre a futura Lei de Inclusión Social
Históricas manifestacións contra a reforma laboral
Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas. Galería de imaxes no interior.
Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento da folga xeral, o Goberno rebaixa os datos
"Apoio masivo" e "éxito" son as primeiras valoracións das centrais, que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país, dos portos e lonxas e mais do transporte, así coma do ensino, e sitúan o seguimento global nun 90%. No conxunto do Estado, os sindicatos cifran nun 85% o seguimento do paro. O Goberno non ofreceu datos, pero cualifica o seguemento do paro de "baixo" e inferior ao da folga xeral de 2010, aínda que a propia CEOE recoñece un "alto seguimento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta fala dun 35% na administración autonómica (por un 90% dos sindicatos). O consumo eléctrico é máis dun vinte por cento inferior ao do pasado xoves e semellante ao dun domingo.
Os populares, fronte á folga: "Se alguén fala no nome da maioría social é o PP"
O voceiro conservador en materia laboral traslada ao Parlamento a súa defensa dunha reforma laboral que "non ten nada que ver coas clases" durante o debate dunha proposta do Bloque que esixía a súa retirada
Guillerme Vázquez alerta da "presión do empresariado" para non secundar a folga xeral
O portavoz nacional do BNG conclúe en Compostela a campaña da formación frontista contra a reforma laboral apelando á "solidariedade" entre traballadores e a "non caer na trampa do PP, tentando dividir entre quen ten traballo e quen non o ten". Audio no interior