Tesoirada parcial da Xunta aos directivos mellor pagados das empresas públicas
Só os máximos responsables de Sogama e da CRTVG terán un salario fixo igual ao do presidente da Xunta. Os demais altos cargos das empresas públicas pasarán a percibir soldos semellantes aos conselleiros ou directores xerais, en función da dimensión do organismo que dirixan.
Alcoa recibirá 850.000 euros da Consellería de Industria en pleno ERE
O Goberno galego financiará o 55% do proxecto de gasificación da factoría da multinacional estadounidense na Coruña mentres os traballadores se mobilizan contra a regulación de emprego que comezará en abril. Segundo o cadro de persoal, a situación da factoría é "crítica" pola falta dun contrato enerxético. Audio no interior.
Conde Roa retíralle a axuda ao Correlingua e tratarao como unha manifestación
O Concello de Santiago non colaborará "de ningún modo" coa carreira a prol do galego destinada a escolares e unha asociación contraria ás medidas de normalización da lingua propia de Galicia dá por feito que o consistorio coruñés tampouco o fará.
Feijóo admite que non abonda con adiantar axudas á gandaría para paliar a seca
O presidente da Xunta traslada ao Estado e á UE a responsabilidade de activar "máis resortes" contra a escaseza de chuvia. Mentres o titular do Goberno plantaba unha árbore na Cidade da Cultura, Verdegaia esíxelle "unha política forestal que defenda o bosque galego"
Irmandiños, Máis Galiza e Ecogaleguistas téndense as mans para "construír algo novo"
Beiras, Bascuas e Dios escenifican nun coloquio ante estudantes a vontade de pór en marcha unha nova "ferramenta" política "de base ampla" coas vindeiras eleccións galegas como primeiro horizonte e coa "esquerda" e a consideración "nacional " de Galicia como base.
Feijóo non explicará no Parlamento a reunión con Rajoy porque "gañou" o Debate da Autonomía
O PP evita que o presidente fale na Cámara da súa visita á Moncloa argumentando que xa "estivo" un día antes no debate de política xeral.
Os deputados do BNG irán á folga xeral e os do PSdeG terán "liberdade" para facelo
Os parlamentarios nacionalistas reclamaranlle á presidenta da Cámara que lles rebaixe no seu salario a cantidade equivalente á xornada de paro xeral. O voceiro do PP, Pedro Puy, "respecta" o apoio ás mobilizacións pero sinala que os deputados non son "traballadores normais".
O Sergas defende gastar ata 2 millóns en anuncios sobre xenéricos porque "informan"
A Consellería de Sanidade xustifica a contratación dunha campaña publicitaria licitada en 1,2 millóns e cun "valor estimado" de 2,2, a piques de ser contratada definitivamente.
A seca asfixia as explotacións leiteras cunha suba do 50% nos custos de produción
A compra masiva de forraxe para alimentar o gando prende as alarmas nas explotacións gandeiras. Os sindicatos agrarios ven "irrisorio" que a "única saída" que propón a Xunta sexa adiantar o pagamento das axudas europeas a través de avais a préstamos bancarios.
Lugo 'adopta' a Díaz Pardo, un "suposto vencido" que logrou a "vitoria moral"
A Deputación luguesa nomea Fillo Adoptivo a título póstumo ao intelectual galeguista polo seu "amor" a Galicia e o seu labor artístico e empresarial.
O PSdeG pídelle explicacións á TVG por "partidismo" ao informar do caso 'Campeón'
Os socialistas aseguran que a televisión pública obvia nas súas informacións sobre a presunta trama corrupta as "mencións que se derivan no sumario cara ao presidente da Xunta"
Feijóo desempoa en Asturias o 'traxe' de campaña electoral
O presidente da Xunta vólcase no apoio á candidata do PP asturiano despois de apostar publicamente por que Álvarez-Cascos, aspirante de Foro Asturias, fose o cartel electoral dos populares en 2011